Skip to Content

Fomento da lectura.

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS NA AULA DE 3º E 4º

 Hoxe a orientadora Eva e máis Adelaida, trouxeron á nosa clase un conto moi especial de Anna Llenas. Titúlase "La Joya Interior". É un conto que fala da autoestima e do autovalor e que nos proxectaron na pantalla da clase para que poidéramos apreciar a fermosura das súas ilustracións e da mensaxe que leva: todos temos unha xoia dentro, a nosa esencia, non hai que perdela nunca e acompañarse neste viaxe da vida dos amigos valiosos e da xente que sabe coidar esta nosa xoia. 

A continuación do conto fixemos unha dinámica de emocións que consistía en escribir cualidades positivas dos compañeiros no seu globo que levaría de recordo para casa. Foi unha actividade moi divertida na que saían calificativos moi fermosos adicados aos nosos compañeiros: un bonito recordo de como somos valorados . Unha fermosa maneira de saber que somos queridos. Unha boa pista para decatarnos do valiosos que somos.

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS EN 6º

A través do conto "La Joya Interior", de Anna Llenas, a orientadora Eva, e Adelaida fixeron unha dinámica moi divertida que consistía en buscar cualidades positivas dos compañeiros e escribirllas nunha pulseira de cores. Traballar a autoestima e o autovalor é algo moi importante para os nenos nestas edades, xa que se vai forxando unha personalidade  forte, e segura de si mesmos. Aprender a valorar as  aptitudes de cada quen é algo que debemos practicar de cando en vez , nos da seguridade en nós mesmos e nos axuda a medrar.

Foi unha sesión moi divertida e nos levamos un bonito agasallo para a nosa casa, ademáis de saber que somos valorados polos nosos compañeiros dun xeito tan orixinal.

OUTSIDE STORY CLASS

É unha mañá tan fermosa e solleira que a teacher Espe decide dar a clase ao aire libre. Así que faise cun bo puñado de contos e vai a carga facendo as delicias dos máis pequenos. Encántanos os contos, e si son en inglés máis porque soan bonito e a teacher explícanolos xenial.  Queremos moitas máis sesións coma esta. Thanks teacher!

OBRADOIRO DA LINGUAXE: IMAXINANDO CON ANDREA!

Andrea nos trae un novo conto: Respira, de Inés Castel- Branco. A través deste conto e un montón de recursos máis, os nenos de 5 anos vivenciaron a respiración e a relaxación dunha maneira moi orixinal. A respiración coma un barquiño que se pon no peito e cada respiración coma unha cuncha que varía o seu tino. Unha idea xenial con que Andrea nos deleitou e nos deu a oportunidade ademáis de decorar o noso barquiño e as cunchas. Grazas Andrea, por tanto que nos fas imaxinar!

OBRADOIRO DE LINGUAXE COA BRUXA MARUXA

Andrea tróuxonos un conto rimado sobre a bruxa Maruxa para traballar a linguaxe oral na etapa de Infantil. A bruxa Maruxa perdeu á súa mascota, e para facer a poción de aparición precisa tres estraños mexunxes. Axudarán os nenos e nenas á bruxa Maruxa a conseguir cada uns dos ingredientes para a pócima de aparición? Eu creo que si! Xulgade vós mesmos polas tarefas que tiveron que facer os nenos e nenas para devolverlle o seu gatiño........E sorpresa final, co experimento feito por Andrea con tódolos ingredientes! Maxia na aula! Maxia en Infantil! Encantounos esta actividade, profe Andrea.......estamos desexando saber como nos sorprendes o vindeiro día! Grazas!

CORREO INTERNO NO CEIP DA CRUZ

Polo cole andan circulando correos moi sospeitoso...Resulta que aparecen por debaixo das portas, e sin selos! É o caso desta orixinal carta feita polos maiores de infantil ,que xa nesta data de comezo de clases son quen de escribir ao profe Antón, de música, para que lles de algunhas clases coa súa guitarra.  Así se fan as cousas. Cando algo se desexa de verdade.....escríbese, e solicítase con esa boa educación que vos caracteriza.....Noraboa chicos. Ogallá este voso desexo se cumpla! Merecédelo!

A BIBLIOTECA NAS AULAS

Nas aulas fixemos moitas actividades relacionadas coa biblioteca

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 4º

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 6º

Os rapaces e as rapazas de sexto fixeron unha interesante escolma das lecturas que máis nos aconsellan, segundo a súa opinión. Non deixedes de botarlle unha ollada a estes marabillosos libros. Os maiores do colexio falan para nós. Vivan os libros!

SEMANA DO LIBRO: LECTURAS MÁXICAS

Distribuir contido


by Dr. Radut