Skip to Content

Conmemoracións

CELEBRACIÓN 40 ANOS ESTATUTO AUTONOMÍA

 

Dende o cole CEip da Cruz, nos sumamos á celebración dos 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia. Todos os nenos e nenas xunto cos profes puxemos o noso graniño de area para representar un dos seus símbolos: a bandeira, que en realidade agocha todos os nosos nomes ou sinaturas. Pois somos todos xuntos os que realmente facemos Galicia.

 

3 de DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Hoxe é o Dia das persoas con diversidade funcional. No  cole quixemos celebralo a través do conto "Otra Cosa" que pasou por todos os cursos para facer as delicias do alumnado ,porque .....a quen non lle gusta un conto? A través del fixemos slogans con frases de empoderamento de activación da autoestima. Porque todos somos diferentes, e esas diferencias nos fan moi poderosos. Cree en tí mesmo e todo sairá ben. Confía nas túas capacidades, e respeta aos demáis. Repítete a ti mesmo que eres moi válidio e bota a andar! Non importa si nalgunhas cousas non eres bo......non hai que ser bos en todo, céntrate nas túas fortalezas! Viva a diversidade!

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA: 20 NOVEMBRO

Este 20 de novembro celebramos os día dos Dereitos da Infancia. No cole pedímoslle axuda ás familias. Quixemos que os maiores lle deran unha bonita mensaxe aos nenos de hoxe. Plasmamos estas ideas das familias en bonitas tarxetas que están expostas á entrada do cole, e que poden ver as familias si así o  desexan. Tamén repartimos viñetas de Frato ( Francesco Tonucci) nas que fai reflexión sobre a necesidade de avanzar no respeto desta parte tan importante da nosa vida, os primeiros pasos nela........

CELEBRANDO OS DEREITOS HUMANOS - 10 DE DECEMBRO

     
   

FESTA DO OUTONO: HALLOWEEN E MAGOSTO

Chegou o día máis terrorífico do ano! Chegou a conmemoración máis esperada de principio de curso! Todo o colexio estaba esperando este momento para sair disfrazado da maneira máis espantosa posible.  Foi unha mañá de imaxinación, maxia  e tamén diversión. O profe Arturo, xunto a Sío, asaron as castañas e puxémonos as botas con elas despois de desfilar polo patio, xa que foi un día sen choiva. Respeitando os grupos burbulla, reunímonos por clases para  vivenciar esta enmeigada data, na que todo é posible. Ata a próxima, rapaces! Aquí están algúns dos momentos máis divertidos vividos!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E CONTOS DE HALLOWEEN E SAMAÍN

As nosas familias son as máis orixinais do mundo. Xunto cos seus fillos fixeron chulísimas cabazas de Halloween e Samaín que expuxemos á entrada do colexio. Foi  unha iniciativa do equipo de lingua extranxeira.....A teacher repartiu caramelos a todos os nenos pola súa participación nesta exposición tan terrorífica. Os contos tamén foron de moitísimo medo, e gustounos moito que participara a maioría do alumnado........Grazas familias!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Feliz Día das Letras Galegas ! Feliz Día da nosa lingua! No colexio quixémolo celebrar de forma artística sacando distintas técnicas de pintado: con goteo, con acuarelas e tamén coas témperas. Este foi o noso pequeno homenaxe a Xela Arias que loitou polo coidado e conservación do noso patrimonio cultural. Grazas Xela!

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

o Día de Europa celebra a paz e a unidade do continente europeo. A data é o aniversario da histórica declaración de Shuman. Nun discruso pronunciado en París en 1950, o ministro de Asuntos Exteriores, Robert Schuman expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa que fixera impensable unha nova guerra entre nacións europeas. A proposta de Shuman considérase o comezo do que hoxe é a Unión Europea.

SEMANA DO LIBRO: LECTURAS MÁXICAS

LENDO CONTOS: MALENA BALLENA

Os rapaces de cuarto de primaria len para nós este conto tan entrañable de Superación Persoal. Unha nena que sufre bullying na escola descubre o xeito de superar dificultades, medos e barreiras. A través da superación persoal logra estar por riba de todas as murmuracións dos compañeiros....Eu quero ser tamén como Malena. Superballena!

Distribuir contido


by Dr. Radut