Skip to Content

Curso 2017 - 2018

PREMIOS PREGUNTOIRO CAMOSIÑA

Por fin chegou a hora dos Premios do Preguntoiro de Camosiña, a nosa mascota da Biblioteca. Semana tras semana todo o alumnado tiña que contestar unha pregunta acerca do "Proxecto de Centro", e as puntuacións fóronse acumulando. As preguntas non eran nada doadas, e había que buscar tanto en Internet, en libros ou ben preguntando a familia.

SEguiremos con este Preguntoiro durante todo o curso. Animádevos todos a seguir participando!!!

3 Decembro-Dia INTERNACIONAL da DISCAPACIDADE

Todos os nenos e nenas do colexio prepararon, para o Dia Internacional da Discapacidade un paraugas especial donado polo Colexio Especial Juan María para que  o decoraran con motivo deste día.

Tanto os pequechos como os maiores pensaron frases nas que pedían respeto para a diversidade, xa que todos somos diferentes, pero tamén iguais, e merecemos as mesmas oportunidades. Baixo o paraugas da inclusión caben todos, xa que a única discapacidade real é a de non ter corazón. Por todos aqueles que creen que un mundo de cores distintas e capacidades distintas é posible, puxemos o noso graniño de area con este paraugas dividido en 8 partes, tantas como clases, e cheo de desexos inclusivos . Parabéns rapaces e rapazas!

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Levamos semanas traballando contos acerca da eliminación da violencia contra a muller. Moitas clases do noso colexio fixeron traballos referidos a este tema que se traballaron a través de numerosos relatos. O dos peques foi: "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?" E os maiores fixeron as súas reflexións e as plasmaron en murais que expuxemos no corcho. Porque este día debería ser todos os días, para concienciar aos futuros homes e mulleres que cando se quere a alguén non se fire.....aquí van os seus traballos

 

DA HORTA AO BOTE

Da man do Proxecto Aula Verde do noso concello ,os nenos e nenas de infantil fixeron un obradoiro de conserva de froitos da horta como as cenorias e acelgas. Laváronnas, cortáronas, e despois dun proceso de cocido metéronas en botes moi bonitiños que decoraron as mestras, e levaron para casa, listos para consumir!!! Porque comer san é divertido e tamén nós podemos cociñar san!

O ROTEIRO DOS PEQUECHOS DO COLE

Chegou por fin a expedición dos máis pequechos do cole polos recunchos máis fermosos do noso concello.Trátase do noso Proxecto de Centro que xira en torno a coñecer o Val Miñor, a nosa contorna. E por iso, O profe Bruno levounos por sitios cheos de maxia e conto...... Camiñaron polo río Muiños, que aprendimos ,ten 4 nomes: Matadoiro, Canido e Lourido. Pasaron polo tunel onde outrora circulaba o tranvía que ía de Vigo a Baiona e Gondomar. Acompañaron o morrer do río en Praia américa, onde descansaron na parte chamada Area Loura. Pasearon polo anciá malecón vendo as curvas que facía o río para beber na praia.......Poideron observar  e recoñecer aos patos de cabeza verde, e as patas da cabeza marrón....Bruno amosoulles a bañeira das gaivotas, a maioría delas chamadas Patiamarelas,xa sabemos por qué. Pero tamén viron unha garza de longas patas, e, buceando o corvo Marino que almorzou pescado esa mañá.

Qué rica a merenda na praia nesta marabillosa e soleada mañá de inverno!

O ROTEIRO DOS MAIORES DO COLE

Nesta soleada mañá de mediados de novembro os maiores do colexio sairon para unha visita didáctica polo seu concello de Nigrán, e aquí empezamos a traballar o Proxecto do Centro que xira en torno ao Val Miñor.. Visitaron a Foz do Miñor e un bosque cercanao divisando e paladeando miles de detalles que nos iban dando tanto Bruno como Diego, os autores desta gran expedición. 

Tiveron a oportunidade de visitar un observatorio de aves e utilizar prismáticos e un telescopio para velas de preto. Bruno preparou unha ruta polo monte Lourido ata Praia américa, observaron as balizas, e ao lonxe Monteferro. Descubriron os nomes que ten Praia América segundo os seus liggares, Area Loura, Areal de Lourido , praia de Canido, onde desemboca o Río Muiños, e Praia de Panxón.

Foi toda unha mañá adicada a percorrer os recunchos máis fermosos deste noso concello, sen dúbida , un dos máis fermosos do mundo!

 

COMEZAMOS CO HORTO ESCOLAR

Comezamos cos primeiros pasos do horto escolar, da man de Aula Verde. Limpamos algunhas herbas e sachamos un pouquiño. Plantamos coliflor, repolo, puerros e leituga. fiemos semilleiros de leituga , de anís verde e de menta.

Tamén transplantamos as remolachas e os tomatiños que había.....en fin, démoslle unha voltiña a un pedazo pequeno de horto grazas as indicacións de Diego, e preparamos o que soe ser plantación de inverno.....Unha mañá estimulante coas mans na terra , que sempre da enerxía e saúde!

 

GASTAR MENOS RECICLAR MAIS

Esta semana de novembro tivemos uns obradoiros moi divertidos no colexio, da man de Aula Verde, programa patrocinado polo concello. Nestes obradoiros os nenos e nenas fixeron todo tipo de creacións a partir de material de refugallo.

Tivemos a visita do alcalde e o concelleiro de educación, que viviron en primeira persoa a creatividade e ilusión que caracteriza ao noso alumnado.

Da man de Diego, os rapaces e rapazas fixeron campos de futbol, casiñas para gatos, coches, avións, gatiños, galos, máscaras e todo tipo de artiluxios que crearon a partires da súa imaxinación.

SAMAÍN 2017: CEIP DA CRUZ

Este 31 de outubro foi unha mañá terrorífica no colexio. Disfrutamos da decoración que alumnos e familias fixeron no colexio e organizouse un acto de premios de Contos de Halloween e Lendas de Camos, que moitos alumnos leron para todos. Logo dos premios chegou a hora de degustar as castañas que nais e pais do colexio prepararon con tanto esmero. O final da gran xornada rematouse cunha Xincana de Xogos Populares: carreiras de sacos, de relevos, de zancos, de tiro, de equilibrio con culler......E a raíña de todas as actividades: os pais prepararon o muro do cole onde entre todos fixemos un mosaico de baldosas de cores que donaron outras familias , co nome do colexio.

Foi unha gran mañá chea de grandes experiencias na que os protagonistas foron as castañas e os xogos , pero na que estamos moi agradecidos a todas as marabillosas familias do noso cole pola súa adicación e colaboración co mesmo! Gracias a tod@s!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Neste Día das Bibliotecas Escolares, no cole organizouse unha mañá chea de actividades de Animación a Lectura que se sucederon ao longo dunha xornada estupenda.

Despois de escoitar como Mociño e Mociña van ser os protagonistas que nos leven pola Historia do noso Proxecto de Centro: "Coñecemos Val Miñor", e que empezaremos por Nigrán, sorteamos as parroquias que cada curso traballará este ano escolar. Logo chegou a hora da diversión. Fixemos unha Xincana de 8 estacións nas que os contos e a creatividade tiveron todo o protagonismo.

Así, contamos co obradoiro "Creamos Poesía", o da "App Banda Deseñada", o de "Personaxes de Contos en Inglés", o de "Qué é a Biblio para Ti", o de "Decoración de Carpetas da Biblio", " Banda Deseñada en Inglés", o de  "Conto Motor", e o máis sabroso : "Cociñando Contos", no que todos fixemos unhas riquísimas galletas de chocolate que levamos para degustar en casa.

Dende logo foi unha Gran celebración do Dia das Bibliotecas escolares. Queremos repetir!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut