Skip to Content

Curso 2019 - 2020

CONVIVENCIA COA ASOCIACIÓN "AVELAÍÑA"

O alumnado de quinto e sexto tivo unha sesión de traballo no viveiro do colexio plantando as sementes que prepararan no primeiro trimestre con tanto coidado e agarimo. Esta vez viñeron para plantar, e tamén para ensinarnos cómo persoas diferentes poden facer grandes xestos polo planeta.  Esta mañá ao aire libre, aprendendo da terra e das súas xentes diversas foi moito máis interesantes que ler nun libro o ciclo de agrome dunha pranta...... Encantounos! Voltade cando poidades! Grazas "Avelaíña"!

CHARLA DE IGUALDADE: GRUPO "NÓS MESMAS"

A Asociación " Nós mesmas" pasou polo ceip da cruz para deixar unha semente no plano do respeto: respeto as diferencias entre as persoas relativas a súa orientación sexual. A  través de contos, de vivencias persoais, de historias variadas, aprendemos que somos persoas diversas......que non somos iguais nin temos os mesmos sentimentos pero que por iso, o que debe unirnos é o respeto a todos e todas independientemente dos seus gustos.

Aprendemos a que hai unha gran veriedade de familias, e que independientemente si son familias pouco comúns, o que teñen de igual todas, é o amor que se profesan entre os membros. E por iso, aínda que non pertenzamos a unha estructura familiar común, merecemos todos que nos respeiten e que nos queiran tal e  como somos.

TAPÓNS SOLIDARIOS: CHARLA CEE JUAN MARÍA.

O alumnado de quinto e sexto tivo unha charla moi didáctica impartida polas persoas do colexio Juan María. 

Eles, coas súas diversas maneiras de expresarse, explicáronlle, en que consiste o proxecto de tapóns solidarios e como os traballan eles ata chegar a un porto no que consiguen unha pequena recaudación polo traballo feito. Con esta convivencia  aprenden que a diversidade funcional é unha realidade: que todos somos diferentes e nos comunicamos de diferentes formas , pero o que é igual a todos nós é o espíritu de superación e de loita cando intentamos facer realidade os nosos soños.

 

TRANSPLANTAMOS NO HORTO ESCOLAR

Estamos en Febreiro e xa pasou tempo dende que plantamos os semilleiros. Agora toca transplantar as pequenas plantiñas que nos naceron. Os rapaces e rapazas de 1º e 2º foron os encargados de facer este cambio de berce das nosas plantiñas: canónigo, allo, remolacha, rúcula, leituga, cebola e cenoria.

Agora, regalas ben e a crecer nos maceteiros. Nós encargarémonos de coidarvos ben!

O MAR NO CAMIÑO

Neste comezo de febreiro tivemos unha fantástica contacontos para os nenos e nenas de 1º e 2º. Contáronnos a historia de catro personaxes que viven no mar: unha ameixa, un cangrexo, unha seardiña e un polbo que deciden axudar a súa amiga , Miguelita que quere facer o camiño de Santiago.  Os nosos amigos faran un percorrido moi fermoso saindo das augas de Baiona, pasando pola Ría de Vigo, a de Pontevedra, a de ARousa e apañaranse moi ben para chegar ao río de padrón e dende alí, subir a Miguelita na solapa dun peregrino que chegado a Santiago, quere acabar o camiño no Cabo fisterra. Vivirán moitas aventuras: furtivos, ou malvados que botan lixo ao mar, contra os que loitarán e acabarán sendo vencedores! É o poder do mar! Logo do conto, todos tivemos un pasaporte para que nos selen nos distintos sitios polos que pasemos e así obter a credencial do Camiño de SAntiago. E qué divertido foi facer unha Migueliña........quedounos de marabilla!

SEMENTANDO NO HORTO ESCOLAR

Escomezamos cos traballos do Horto escolar da man do profe Oliver que preparou un proxecto didáctico que require un traballo de observación e anotacións nos distintos libriños que nos preparou acerca de cada semente. Cada clase elexiu a que preferiu, entre canóngigos, llos, remolachas, rúculas, porros, leitugas, cebola,e cenoria. Nunha libreta de campo teñen que anotar as fases de crecemento, a época de semente e transplante, datos variados incluindo unha receita que faremos no cole.

Polo de agora damos o primeiro paso sementando, e observaremos próximamente o que vai acontecendo.....por suposto que volo imos contar!

 

 

O ROBOT "DOC" NA AULA DE INFANTIL

O Robot DOC chegou a clase dos máis cativos do colexio. Pero non vos imaxinades como aprenderon a manexalo e o ben que se lles da mandar a "Doc" aos distintos lugares do taboleiro.  Estes pequenos son xa todos uns expertos na robótica avanzada! AGardamos desfrutedes das imaxes que dan fé do ben que manexan este amigo robótico!

O ESCORNABOT NA CLASE

O Escornabot chegou a clase de 1º e 2º para facer as delicias dos nenos que disfrutaron manexándoo. Van a ser moitos os robots que pasen polo cole. Xa temos un mural no que explicamos todos os que están preparándose para entrar nas nosas clases e pasar polas nosas mans.......A conta atrás vai comezar!

 

DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO

Comezamos o 2020 cunha celebración moi fermosa : O Día Internacional da Paz e Non Violencia. 

No  cole celebrámolo cunhas cantigas a mans dos nenos e nenas de 2º e cun baile que aprendemos todo o centro. Logo, como ven sendo habitual acercámonos ao Ceip de Panxón para realizar a carreira Solidaria pola Paz, no que cada volta dada polos nenos é subvencionada por un padriño seu.....Non vos imaxinades a de voltas que diron estos campeóns! Todo o diñeiro recaudado vai para famiias con baixos recursos da zona do Val Miñor.

Nin que dicir ten que nos encantou vivir estas experiencias!

PLANTACIÓN DE ÁRBORES DE NADAL

Comezamos o mes de xaneiro cunha actividade moi bonita para o desenrolo sostible do planeta : replantar as arboriñas que en Nadal serviron para adornar as nosas casas.

Este proxecto foi conxunto con outros colexios de Nigrán. Participaron dez nenos e nenas de quinto e sexto do noso cole e foi en todo momento titorizado por monitores e obreiros. Tratouse de concienciar ao alumnado da necesidade de replantación forestal, de coidado do noso planeta para un bo desenrolo sostible. A todos os que este Nadal utilizastes unha árbore fresca animámosvos a que fagades esto mesmo que fixeron os nosos cativos.

Esta actividade foi grabada na TVG E podedes visualizala no seguinte enlace, xusto nestes minutos: A partires do minuto 01:02:53

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-279-4265785?t=25

 

Distribuir contido


by Dr. Radut