Skip to Content

Fomento da lectura.

OS NOSOS RECUNCHOS LECTORES

Dende o cole  queremos agradecer a todas as familias a colaboración na que compartistes connosco os vosos momentos lectores cos nenos e nenas do  colexio. Aquí vos enviamos un resumo deses momentos especiais nos que a lectura compartida é disfrutada na familia.

 

DÍA DO LIBRO. ABRIL 2022

Este ano celebramos un Día do Libro moi especial. Cada neno e nena trouxo da casa o seu libro favorito e o leron nos seus recunchos favoritos. Tamén houbo moitos contacontos protagonizados polos maiores do colexio, que fixeron as delicias dos pequenos preparando para eles contos moi bonitiños. Aquí vos compartimos algúns destes momentos máxicos.......Agardamos que vos gusten.

AUDIOCONTOS: LA ORUGA IMPACIENTE.

O obradoiro de estimulación da linguaxe deste mes foi moi especial! Os nenos e nenas de infantil prepararon un audioconto coa man máxica de Andrea como aderezo. Con voces a mar de divertidas interpretaron "Una oruga muy impaciente".O resultado foron dous contos moi bonitiños que vos presentamos a continuación.

Ademáis, houbo un obradoiro de manualidades na que os máis pequenos construiron unha eiruga moi parecida á do seu conto. Pola contra, o alumnado de cinco anos elaborou unha "Pulseira Contacontos", moi orixinal e divertida que lles axuda a contar esta historia tan chula.

Grazas profe Andrea porque a túa imaxinación non ten límites!

DÍA DO LIBRO: TEATRO "HENRY HIPPO"

Con motivo do Día do Libro os artistas de cinco anos do colexio quixeron dar un paso adiante e presentarnos a súa obra de teatro baseada no conto  en inglés " Henry Hippo". Connor, o noso axudante de conversa axudou no  teatriño como narrador do mesmo, e a teacher como a nosa  Amenábar. O resultado foi unha sesión moi divertida na que un hipopótamo moi marchoso pedía a axuda de diferentes animais......Conseguirán rescatar a este gracioso animal atrapado no lodo? Descubriremos o valor da amizade e da colaboración para sacalo adiante!

MI HERMANO LUCA: 2 DE ABRIL

O 2 de abril celébrase o Día Internacional sobre a Concienciación do Autismo. Os nenos e nenas de 3º e 4º quixeron celebralo preparando este conto para todos vós. Querede escoitalo? Titúlase Mi hermano Luca, é de Catalina SErna. Escoitádeo e dicídenos si vos gustou. 

Moitas grazas , chicos e chicas!

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS. DPTO ORIENTACIÓN.

A través do conto "Guapa" no que uns animais están empeñados en poñerlles pegas á apariencia da bruxa, quixemos traballar as cualidades que nos fan únicos. Todos temos cualidades de personalidade marabillosas que debemos detectar e valorar. Nesta escola quixemos facer este traballo de autoestima e empoderamento persoal a través de escibir cualidades bonitas dos nosos compañeiros en globos de cores. Porque somos nenos xeniais, e iso hai que valoralo!

 

CONTACONTOS NO COLE: CAXOTO

Hoxe tivemos a visita de Felipe Díaz Valle, mellor chamado Caxoto, que deleitou aos nenos e nenas de 3º,4º,5º,e 6º cun contacontos moi intelixente que fixo as delicias de todos e todas. 

Foi unha iniciativa que vén dende o concello, e que anima aos cativos a rir e a ter unha actitude máis crítica ante as cousas que pasan na sociedade. Encantounos Caxoto! Moitas grazas por vir!

23 F: DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro de hai 185 anos. E como está de cumpreanos os nenos e nenas do Ceip da Cruz fixemos un mural para celebralo. Nel , ducias de pétalos de pensamentos, cheos dos versos ou palabras da súa obra enchen o mural de luz e cor, como en tempos fixo esta musa coa nosa fala. Grazas ,Rosalía, por tanto que nos aportas!

CONTACONTOS CON ANDREA AL

Cada vez que vén a profe Andrea á nosa clase acontece algo especial. Esta vez trouxo un conto que falaba da importancia das palabras, e do seu poder. As bonitas nos fan sentir cousas fermosas e as palabras feas moitas veces fan dano. Eso sábeno moi ben as dúas mascotas que trouxo á clase. Entre elas pelexaron ,e a única solución que viron os nenos é que aprenderan a compartir. Os nenos elexirion palabras bonitas de entre moitas e metérona nun cofre máxico. Que pasou? Que as palabras fermosas convertíronse en .....bueno , bueno, non fagades spoiler, preguntádelle aos pekes, que eles volo contarán.....

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS 5º PRIMARIA

O equipo de orientación do centro deseñou sesións de emocións adaptadas a todo o alumnado do centro. Esta vez, en 5º de primaria, co fío conductor do libro de Anna Llenas  "La Joya Interior" desenvolveuse unha actividade de autoestima e autovalor que culminaba co decorado de pulseiras con características positivas dos compañeiros hacia cada un deles. É un bonito recordo que levan para casa e unha maneira de non esquecer o noso valor, e a importancia de saber a nosa valía , e de  recoñecer a xoia interior que todos levamos! Xenial sesión!

Distribuir contido


by Dr. Radut