Skip to Content

Conmemoracións

DÍA DO LIBRO: TEATRO "HENRY HIPPO"

Con motivo do Día do Libro os artistas de cinco anos do colexio quixeron dar un paso adiante e presentarnos a súa obra de teatro baseada no conto  en inglés " Henry Hippo". Connor, o noso axudante de conversa axudou no  teatriño como narrador do mesmo, e a teacher como a nosa  Amenábar. O resultado foi unha sesión moi divertida na que un hipopótamo moi marchoso pedía a axuda de diferentes animais......Conseguirán rescatar a este gracioso animal atrapado no lodo? Descubriremos o valor da amizade e da colaboración para sacalo adiante!

2 de ABRIL: DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

No ceip da cruz quixemos celebrar este día adaptando unha actividade proposta pola Asociación Menela e Pekes Azuis. Trátase de que os nenos e nenas expliquen que os fai felices. Qué é un Feliz viaxe pola vida. Descubriremos que nenos e nenas con ou sen autismo teñen gustos similares, a todos nos gusta desfrutar con amigos e coas nosas familias. E ti.....qué che fai feliz?

8M. DÍA DA MULLER.

O alumnado de terceiro e cuarto argallou esta actividade tan chula para o Día da Muller. Nun mural todos escribiron palabras relacionadas coa muller, e sairon moi bonitais ,todas conformando o número oito. Tamén aprendemos sobre moitas mulleres que fixeron historia pola súa valía e recolectamos frases empoderadoras acerca das mulleres. Un precioso traballo que quere reivindicar a importancia que tivo a muller na historia aínda que non sempre fora recoñecida. Bo traballo rapaces e rapazas!

ENTROIDO 2022

Chegou a efeméride máis divertida do curso, chegou o entroido á escola. Despois de unha semana estando a quentar motores este venres cada neno veu caracterizado libremente da casa. Queremos compartir o guapos que estaban todos os nenos e nenas , e que ilusionados representando estes personaxes.....Foi un día distendido en que aprendemos que a maxia pode estar en pequenas cousas.......Ata o ano que vén, Entroido!

23 F: PENSAMENTOS EN HONOR A ROSALÍA

No colexio celebramos o día de Rosallía plantando o que sería o seu horto favorito: cheo da súa planta preferida que agora sabemos que son os pensamentos. Por iso todo o colexio se volcou a plantar a Horta de Rosalía. Aquí vos enviamos algúns momentos desta plantación, que cremos que foi todo un éxito. Bo traballo , rapaces e rapazas!

23 F: DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro de hai 185 anos. E como está de cumpreanos os nenos e nenas do Ceip da Cruz fixemos un mural para celebralo. Nel , ducias de pétalos de pensamentos, cheos dos versos ou palabras da súa obra enchen o mural de luz e cor, como en tempos fixo esta musa coa nosa fala. Grazas ,Rosalía, por tanto que nos aportas!

15 DE MARZO: DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE

     
       

ORDES DO MECO

 

 

 

ORDES DO MECO: MARTES ENTROIDO

DÍA DA PAZ : 30 DE XANEIRO. CEIP DA CRUZ.

 O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. O fin deste día é educar no respeto, a tolerancia, a solidaridade e a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos. Esta data conmemora a morte de Mahatma Gandhi, lider nacional e espiritual da India asasinado por un integrista.

É un día no que os colexios se convirten en instrumentos de harmonía e comprensión entre distintas culturas, orixes e crenzas.

No noso colexio quixemos celebralo colgando a palabra PAZ traducida a moitos idiomas. É unha actividad sinxela da que aprendemos e nos hermanamos co resto dos países do mundo para pedir unha soa cousa. O que máis nos fai falla neste mundo . O que agardamos con ilusión todos os nenos e nenas do mundo.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut