Skip to Content

Curso 2017 - 2018

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. No colexio traballamos a nosa escritora favorita de distintas formas. A través de educación documental, buscando información na biblioteca, e os máis pequechos facendo manualidades e traballo con escornabot incluído. Tamén celebramos un acto no que limos os seus poemas incluíndoos nun conto dos Bolechas acerca da súa biografía. Todo aderezado con múltiples cantigas adicadas aos poemas  desta nosa autora querida.

OBRADOIRO DE ASTRONOMÍA

Nesta tardiña morna de finais de febreiro en que o sol quentara durante todo o día prometendo unha noite libre de nubes , o mestre Bruno, un apaixoado da Astronomía , convocou a pais e alumnado para desfrutar dunha experiencia e presentación coas estrelas do noso firmamento máis coñecido.....E foron moitos os que acudiron a esta cita. É unha sorte contar cun experto tan cerca de nós e que ademáis fixo un desplegue de medios e material moi extenso para que ningunha persoa se quedara sen desfrutar desta quedada. Bruno é ademáis membro do Instituto de Estudos Miñoranos, que ten como obxectivo divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ó patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico.....

VISITA DO CSIC : LUISA no Ceip da Cruz

Hoxe tivemos unha visita moi especial: Luisa. Traballa investigando todo tipo de cousas e desplazándose a moitos lugares para analizar datos e procesalos. Leva sempre a súa bata blanca para traballar.....en qué? Pois sí . Luisa é científica do CSIC , de Vigo. Non coñecemos demasiados científicos actuais, máis alá dos mundialmente recoñecidos, pero Luisa amosounos que ata nos debuxos animados hai sempre algún personaxe que exerce como científico. Luisa veu acompañada de Sonsoles e Roni, que representaron as bacterias da pel, do nariz, dos dentes, facéndonos rir a cachón! Logo das explicacións aderezadas con moito humor cantamos a capela o Rap da Hixiene......" E lembrade, e lembrade...a hixiene hai que coidar!" Grazas Luisa por pasar polo noso centro traendo a túa sabiduría e testemuña aos nosos rapaces!

MAÑÁ MUSEÍSTICA E DE EXCURSIÓN

Esta mañá de finais de febreiro foi fenomenal. Os nenos e nenas de infantil acudiron a unha obra musical no auditorio Caixanova e os de 1º e 2º visitaron o Museo Liste. Alí fixeron a actividade "Onde están as Chaves?" Foron buscando pistas por todo o museo ata dar coa combinación que abría unha caixa forte co tesouro dentro.

Logo do museo e o musical, todos xuntos foron ao parque de Castrelos a xogar e disfrutar daquel xenial espacio na natureza e convivir baixo un ceo soleado e alegre.

UN LAZO POLOS NENOS CON CANCRO

O 15 de Febreiro e o Dia Munial do Neno con Cancro....Bicos de Papel é unha asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Propuxeron unha iniciativa aos colexios que consistía na formación dun lazo amarelo como símbolo do noso apoio a todos eses nenos e nenas que están loitando contra esa terrible enfermedade e que sabemos que se van a curar. Así que con todo o noso agarimo vai esta aportación e un montón de bicos dos nenos de Camos

ENTROIDO 2018

Chegou  a festa tradicional galega por excelencia. Unha mañá chea de  desfiles, cantigas, rimas, raps, xogos tradicionais, e unha gran merendola preparada polas xeniais familias que temos no colexio.

Este ano o entrodio xiraba en torno ao proxecto do centro Coñezamos Val Miñor e por iso cada clase traballou unha parroquia de Nigrán. Os de Infantil representaron aos Pasteliros de Camos. Os de Primeiro foron de sardiñas de San Fiz de Nigrán. Os de Segundo foron os mariñeiros de Panxón. Os de terceiro foron as aves da Foz da Ramallosa. Os de cuarto foron os castrexos de Chandebritio que nos amenizaron cun rap explicando os distintos oficios que había naquela época. Os de quinto foron os Surfeiros de Priegue que nos cantaron outro rap relacionado coa parroquia. E os de sexto representaron o famoso enterro do kiko de Parada, cantando tamén un rap moi divertido.

Logo dos desfiles chegou a hora de papar todos os doces que as familias prepararon para todos. Hummm....estaban riquísimos. E despois de encher o bandullo chegou a hora da xinkana de xogos que se fixo por distintas clases do centro por mor do mal tempo.

Foi un día moi divertido en que o pasamos fenomenal facendo máscaras, recitando poemas , escoitando contacontos, e bailando sen parar!!

 

 

DÍA DA PAZ- 2018

TEATRO/ MUSEO

 

   

FESTIVAL DE NADAL 2017

Chegou o día máis esperado do ano: o Festival de Nadal e a chegada por sorpresa de Papá Noel, que aterrizou no seu trineo no colexio repartindo doces a todos os nenos e nenas que posaron onda él, ilusionados.

Tamén foi día especial para os rapaces de 6º, que prepararon un Mercadiño de Nadal que os seus fondos irán destinados a UNICEF , entidade que eles mesmos elexiron, porque lles facía ilusión colaborar con eles.

E tamén un día Máxico no que enriba do escenario os nenos e nenas demostraron que son todos uns artistas : entre obras de teatro, panxoliñas, cantigas e instrumentacións, pasamos media mañá facendo caer a baba a pais, nais e avós que presenciaban as actuacións. Foron feitas dende o cariño e con toda a ilusión que caracteriza aos nosos pequechos, e aquí vai un pequeno resumo dalgúns deses momentos especiais........

 

E VEU O LUME

Adicado a todos eses montes mortos hai poucos meses, onde a terra se fixo noite e se apagaron os trinos dos paxaros, vai esta cantiga que aprenderon os nosos rapaces e rapazas que o cantan con gran sentimento.

Este videoclip é iniciativa do IEM, foi gravado polo grupo Cantares do Brueiro e Tino Baz, na Madanela das Eiras ( O Rosal) , na Serra do Galiñeiro, e no Castro de Chandebrito. Trata de transmitir unha mensaxe de descordo pero de esperanza e aproveitar o desastre humano , ecolóxico e político, para xurdir das cinzas e deseñar o noso propio futuro........

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut