Skip to Content

Curso 2019 - 2020

PROPOSTAS DE INGLÉS

A parte das tarefas que Esperanza especificou por cursos, propoñe estas páxinas web para traballar a expresión oral. Premede no arquivo adxunto.

PROPOSTAS DE MÚSICA

A profe Pili, mándavos estas propostas para que non falte a música nestes días e anímavos a visitar o blog de música con enlace nesta páxina. Premede no arquivo adxunto

MEDIOS DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

Bos días familias:

Estamos na segunda semana de situación de alarma e o equipo de mestres quérevos mandar ánimos para levar esta situación o mellor posible.

Os medios que utilizaremos para informarvos desde o colexio serán a páxina web e o móbil. Recordámosvos que para calquer aclaración do colexio podedes chamar ao número: 698167524

Seguiremos actualizando as tarefas polos diferentes medios de comunicación das titorías e recórdovos cales son os canles de comunicación según os cursos:

- Educación Infantil: correo da xunta das mestras e blog de infantil que ten o enlace nesta mesma páxina onde podedes ver as actividades recomendadas.

- 1º e 2º de Educación primaria: a través do correo electrónico da clase ou da plataforma Classdojo

- 3º de Educación primaria: a través do correo electrónico da mestra ou da plataforma Edmodo.

- 4º de Educación primaria: a través do correo electrónico da mestra

- 5º de Educación primaria: a través do correo electrónico da mestra ou da plataforma Classdojo.

- 6º de Educación primaria: a través do correo electrónico da mestra ou da plataforma Edmodo.

 

Se tedes calquera dúbida ou queredes poñervos en contacto con algún especialista (Inglés, Educación Física, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, Relixión ou Orientación) poñédevos en contacto cos titores.

 

RECOMENDACIÓNS PARA OS DÍAS DE ALERTA

Estimadas familias:

Ante a situación que estamos a pasar, recordámosvos os diferentes medios polos que as titorías propuxeron as tarefas para que os nenos e nenas vaian facendo durante estes días.

- Educación Infantil: mensaxe coas recomendancións

- 1º e 2º de primaria: crearase un aula en Classdojo para a comunicación coas familias e a información das tarefas.

- 3º de primaria: todas as tarefas están colgadas en Edmodo e o alumnado pode comunicarse coa mestra por ese medio.

- 4º de primaria: mandouse unha mensaxe coas tarefas

- 5º de primaria: mandáronse por mensaxe e están colgadas en Classdojo, plataforma coa cal poderemos comunicarnos.

- 6º de primaria: todas as tarefas están colgadas en Edmodo e o alumnado pode comunicarse coa mestra por ese medio.

 

Mandaremos unha mensaxe co correo electrónico  dos mestres e mestras para que teñades outro medio de comunicación

 

Por outra banda, comunicarvos que:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

TERCEIRA FASE DE PLANTACIÓN NO HORTO ESCOLAR

O profe Oliver preparou unhas sesións de plantación para todos nós.  Desta vez transplantamos azaleas, arándanos, margaridas, rosais, e frutos do bosque. Todo para poñer bonito o noso cole e adornalo co que máis nos gusta : as cores das plantas! 

Traballamos moito e empleámonos a fondo para que estos esqueixes  vaian para diante. As actiidades coa terra encántannos e dannos  moita alegría. O contacto coa natureza é outro dos encantos cos que traballamos moito neste colexio. E con profes como Oliver, mola mogollón!

SUSA HERRERA NO CEIP DA CRUZ

Que boa noticia! Que sorte para os máis cativos! Susa Herrera visitou o noso cole para presentarnos o seu novo traballo. Ten novos libros de cancións que quixo compartir con todos nós,,,,E divertímonos do lindo cantando e mimando as súas cancións.  Grazas Susa por facernos pasar tan bos momentos contigo!!

M Bot NAS AULAS DE SEGUNDO E CUARTO

O  robot MBot chegou  ás clases de segundo e cuarto . Puxo a todos os rapaces e rapazas a proba cos seus retos a superar....e ben.... fixérono xenial. O MBot é un pouco máis difícil de manexar que o escornabot ou que o Zowi e Dash, e hai que ter moita pericia para saber manexalo. Encantounos a experiencia , sobre todo manexar os que estaban tuneados!

O SEPRONA NO CEIP DA CRUZ

Nesta mañá de principios de marzo dous policías pertencentes ao SEPRONA  viñeron a dar unhas charlas a todo o colexio.  Nos explicaron que forman parte do Servizo de Protección á Natureza. Coidan da fauna e da flora e fan que se cumplan  leis que as protexen.  Foi moi interesante porque nos falaron , nón só da protección de animais abandoaos, senón da protección de especies exóticas, ( CITES) dos montes, dos aproeitamentos forestais, as repoboacións, a minaría, as canteiras...Eles inflúen no turismo, nas acampadas, porque tamén nos momentos de lecer teñen que facer cumprir as normas. Sobre todo os coñecemos pola prevención en incendios, pero son moitos os ámbitos en que traballan. Se voltan outro día xa sabemos  cal  é a súa función. Grazas por acordárense de nós!

 

ENTROIDO 2020

O entroido chegou ao Ceip da Cruz cun sol radiante de primavera no mes de Febreiro. Familias , nenos e nenas poideron disfrutar dunha mañá especial admirando as coreografías e os vistosos traxes que fixo o alumnado coas súas propias mans.  Todos no colexio iamos de distintos tipos de robots, xa que a robótica é o tema central do Proxecto Anual do centro: segundo os niveis os disfraces eran de robots infantís, médicos, industriais, domésticos ou humanoides. Despois das explicacións da rapazada, amosáronnos a súa coreografía elexida e xusto despois , xunto coas familias degustaron os doces típicos destas datas que se destilan na nosa comunidade: orellas, filloas, e tamén moitos biscoitos feitos  nas casas foron os pratos máis destacados. Ao final da comerota, houbo o momento dos xogos tradicionais, no que todos disfrutaron, coma sempre......

Grazas a todas as familias do ceip da cruz pola súa colaboración e o seu apoio incondicional!!!

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O 24 de Febreiro celébrase o Día de Rosalía. Este ano cúmprese o 183 aniversario do seu nacemento. Para celebrar este día,  a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega  ( AELG)  fixo unha proposta co lema "Errantes polo mundo" que induce ao alumnado a reflexionar, como no seu día fixo Rosalía, da  gran cantidade de inxustiza social que houbo e hai no mundo. Se suxeriu dende esta entidade que se tratase a  migración dende todas as perspectivas : a soidade de quen fica, a morriña do que se vai, a dor ,o medo, o desamparo, a xenofobia.......

Nós dende o cole puxemos o noso gran de area para este proxecto que nos pareceu fermoso pois baséase na esencia do pensamento da nosa Rosalía. Coloreamos paisaxes relacionados coa migración que en si,eran en branco e negro, e puxemos frases significativas que representaban estas esceas......Porque , amigos, a migración tamén se da agora, en moitísimos países, tamén no noso, e todos debemos saber que se debe ser acolledores e respetar os sentimentos das persoas que se ven obrigadas a abandoar o seu fogar........a migración , un dereito, o salvamento, unha obriga........

Dende o ceip da cruz queremos enviar unha mensaxe de paz e de acollida a todas as persoas que algún día emigraron.....

Distribuir contido


by Dr. Radut