Skip to Content

Actividades

CADERNO DE CAMPO: OBRADOIRO DE FOLLAS E FROITOS

Despois do anterior día recolectar froitos, flores e follas no campo, neste obradoiro o alumnado presentou o seu Caderno de Campo. Estiveron traballando arreo para explicar ben ao resto dos compañeiros como se chamaba determinada folla, a que árbore pertencía e que froitos daba. Os nenos e nenas de quinto e sexto fixeron unha exposición xenial das características das follas e árbores que lles tocara. Logo o resto do alumnado presenciou como Lola e Andrea, do Grupo de Rexeneración forestal do Val Miñor lles explicaron moitas máis cousas sobre estas follas, e fixeron dinámicas moi divertidas na que os rapaces se tapaban os ollos e adiviñaban a folla que estaban a tocar! Foi unha dinámica moi entretida na que aprenderon mogollón!. Grazas Lola e Andrea! Queremos seguir vivenciando esta área de ciencias da natureza desta forma tan orixinal! 

EDUCACIÓN AMBIENTAL, PLAN PROXECTA : RECOLLEMOS LANDRAS

Como sabedes encántannos os traballos ao aire libre. Este ano temos como Proxecto do Centro o Desenvolvemento Sostible. E que mellor maneira de traballalo  que  ir ao monte a recoller landras coa axuda dunhas monitoras, que nos explican como conservalas en serrín e bolsas, en frío, para logo, na primavera sacalas e plantalas no noso viveiro do cole. Aquí nos vedes todos orgullosos do noso traballo.....Hai materias que se aprenden mellor experimentándoas e vivíndoas como sabemos facer neste cole.  Foi unha mañá de ciencias naturais aplicadas! Así da gusto aprender! Tomade nota, amigos!

EL VIAJE DE BRÓCOLI: CUENTO SOBRE LA ALIMENTACIÓN

Os nenos e nenas de primeiro traballaron este conto tan  bonito e fixeron debuxos sobre él. Os pitiños de mamá galiña non queren comer brócoli, pero despois das explicacións desta, non dubidarán en levar a Brócoli á Festa da Barriga.....

Distribuir contido


by Dr. Radut