Skip to Content

Fomento da lectura.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Canta felicidad este día! Por fin podémonos xuntar no salón de actos para facer un festexo xuntos! E non hai un día mellor para facelo que o 25 de outubro, día das Bibliotecas Escolares. Canta emoción! E ocorre que é unha mañá moi especial chea de xogos de pistas, de contos , de bandas deseñadas, de música, de xogo......Todo grazas a unha posta en marcha dos profes todos do cole para encher unha mañá lectiva de actividades superguais que nos encantaron a  todos. O mellor de todo, os equipos que fixemos para ir rotando nesta gran Gimkana na que o máis importante era desfrutar arredor da biblio, escribindo con experiencias esas letras xeniais!

CONTACONTOS CON NOEMI

Os pequenos de primaria estamos encantados. Unha chica maior de quinto curso quixo vir contarlles un conto moi bonito sobre as cores, en compañía do noso amigo Pelocho. Despois pintamos e debuxamos acerca do conto. Moitas grazas Noemi por vir , quedas invitada a voltar cando poidas. Bicos de todos e todas os de segundo!

O CONTACONTOS DE PELOCHO. 3 ANOS.

O noso amigo Pelocho veu facerlles unha visita aos máis pequeniños do cole. Quedaron encantados coas súas aventuras e o contiño que lles trouxo : Maccario dromedario. Tanto choraba Macario, que quedou sen chepa, ata que un pequeno amiguiño o axudou a recuperar a súa fortaleza. Grazas aos pekes polo seu asombro e sorrisos......Volve , Pelochiño!

BOOKFLIX

CONTACONTOS CON MARIONETAS

KAMISHIBAI

CONTACONTOS AOS PEQUERRECHOS

RECOMENDACIÓNS DÍA DO ACOSO ESCOLAR

DÍA DA SÍNDROME DE DOWN

DÍA DA POESÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut