Skip to Content

Conmemoracións

ORDES DO MECO 2023

NADAL 2022. CEIP DA CRUZ

Como nos divertimos todos nesta festa de Nadal 2022.  Houbo Mercadiño solidario, premios do Preguntoiro, bailes,badaladas, gusanitos e lacasitos, discursos de fin de ano, e o mellor, compartir coas nosas familias estas datas tan emotivas nas que damos sempre o mellor de nós. Porque temos un colexio marabilloso no que crecer felices. Grazas familias!!!!

DÍA DA DiVERSIDADE: 3 DE DECEMBRO

Un día especial . Unha data bonita para poñer no calendario : o día da diversidade. Decidimos celebralo xunto con todos os coles do Val Miñor, en Praia América, botando a voar cometas cos nosos soños. Estes papaventos son o simbolo da libertade e dos soños de infancia, cando todo é posible. No cole fixemos moitas actividades para celebrar este día: visionado do contacontos que preparou o Dpto de Orientación do cole, titulado  Raro, ademáis decoración do noso papaventos persoal no que escribimos aquelo que nos fai especiais e diferentes aos demáis.....Porque todos somos diferentes, non raros, pero sí especiais.

3 de DECEMBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE. CONTACONTOS.

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional da Discapacidade. A nós gústanos chamarlle día da Diversidade, pois xa sabemos que todos somos diferentes e, ao mesmo tempo, iguais.

No noso cole celebrámolo de moitas maneiras este día. Unha das maneiras é escoitando este conto e escribindo nunha cometa aquelo que nos fai especial. Si eres fantástico no baile, no fútbol, co debuxo, si destacas por ser estudioso, responsable, ou por facer unhas manualidades que quitan o hipo, escríbeo no teu papaventos e con todas as vosas habilidades especiais faremos un mural.  Todos somos moi válidos e únicos. Irrepetibles! Anímate con esta actividade!

20 de NOVEMBRO. DÍA DA INFANCIA.

 O  20 de Novembro celebramos o Día da Infancia. No cole traballamos acerca dos dereitos dos nenos. Porque sabemos que no mundo todavía queda moito que traballar en torno a este tema , xa que hai nenos aos que se lles negan os máis básicos. Mentres tanto seguiriemos celebrando esta efeméride que nesta ocasión traballamos a través de debuxos moi bonitos recollidos en lapbooks. Bo traballo rapaces e rapazas!

 

FESTA DE OUTONO 2022: HALLOWEEN, SAMAÍN E MAGOSTO

Chegou a festa máis esperada do ano! Aquí está a Festa de Outono! O Samaín, o Halloween e o Magosto, todo xunto nunha festa terrorífica na que quixemos invitar ás familias do cole. E , sabedes? Sonvos unhas familias xeniais! Non só acudiron a acompañar aos pekes senon que axudaron na preparación das merendas maléficas que tomamos ao final! Nós, os nenos e nenas, só tivemos que dar o mellor de nós mesmos e pasalo superben xuntos. Foi un fermoso día de convivencia entre todos , no que o mellor queda nos corazóns da cativada, aloumiñando esta marabillosa e irrepetible infancia!

 

2º canta nas Letras Galegas 22

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2O22- FLORENCIO DELGADO

DÍA DE EUROPA: 9 DE MAIO

O 9 de maio celébrase o Día de Europa, conmemorando a paz e a unidad no noso continente. No noso cole o Departamento de Inglés, a nosa teacher, preparou actividades variadas para este día: dende a exposición dos monumentos, comidas típicas dos países, ata a representación con globos da bandeira de Europa. Gústanos o noso continente e queremos que haxa paz e harmonía nel.   A continuación vos presentamos os traballos feitos polos nenos e nenas......Grazas teacher Espe, por ensinarnos tantas cousas!

SENSIBILIZACIÓN SOBRE O AUTISMO: PEKES AZULES

Neste día de abril, mes onde se conmemora a visibilidade para o autismo, as mamis de www.pekesazules.com, e especialistas do gabinete arco iris, www.gabinetearcoiris.com ,viñeron ao cole para dar unha charla de Sensibilización sobre o autismo. Como elas mesmo explicaron, o autismo non é ningunha enfermedade, senón unha maneira diferente de sentir e de responder ante os estímulos.  Os nenos e nenas con autismo teñen moito que aportar ao noso cole e nós temos que coidalos e querelos coma un compañeiro máis. Grazas por esta charla. Grazas por darlle visibilidade á Diversidade funcional!

Distribuir contido


by Dr. Radut