Skip to Content

Curso 2016 - 2017

CARREIRA POLA PAZ

Como todos os anos os alumnos e alumnas do noso colexio comparten unha mañá con nenos e nenas doutros colexios no CPI PANXÓN. Alí , organízase a Carreira Solidaria pola Paz. Son moitos colexios os que nos xuntamos este día.Facemos unha convivencia especial , e unha importante carreira na que cada volta supón unha pequena aportación económica destinada a unha causa benéfica.

Os nosos rapaces e rapazas puxeron todo o entusiasmo e esforzo posible e ao final soltamos uns globos en sinal de que todos queremos a Paz en todos os recunchos do mundo....Será por ser unha maña tan especial, que non choveu a pesares das previsións meteorolóxicas....Todos pola Paz!

 

INSPECTORES DE ALIMENTOS EN ALCAMPO

 

 

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria convertíronse por unha mañá en Inspectores de Estudos de Alimentos, visitando o centro Comercial Alcampo, de Vigo.

 

Esta actividade estaba deseñada dentro do Plan Proxecta, e nos serviu para coñecer distintos tipos de alimentos, pero esta vez localizados nas distintas áreas do centro comercial. Descubrimos, da man de Loreto, dende as froitas autóctonas as que máis nos chamaban a atención, como as tropicais. Paseamos observando as comidas recien feitas que ata poidemos catar ( como as riquísimas croquetas),xunto cos derivados dos cereais( todo tipo de pans) e descubrimos os produtos ecolóxicos que agora están tan en auxe. Pero o que máis nos gustou é poñernos o traxe de protección e baixar á planta de onde saen todos os produtos que se venden na gran superficie. Coñecemos a zona onde se fai o xeo que mantén conservados os alimentos; tamén a zona cárnica, onde o carniceiro cortaba en pezas para que logo, noutra sala outras persoas clasificaran esa carne e unha máquina a envasara ao vacío. Vimos a zona de facer queixos. E sin duda o que máis nos gustou foi a zona onde se facía o pan: o panadeiro amosounos todo o proceso de mezcla, fermentación , corte e cocemento do pan que logo degustamos....Grazas Rogelio!

 

E , non podía ser doutra maneira, aprendimos que nos centros comerciais se traballa a reciclaxe: Loreto levounos á zona onde se prensan os cartóns para logo pasar un procedemento de reciclaxe. Tamén amosounos as bolsas feitas de patacas e as recicladas, que son respetuosas co medio ambiente. Foi unha mañá chea de aprendizaxes acerca de cómo chega a comida aos nosos supermercados e o coidado que se ten para que estén en bo estado e teñamos boa alimentación.

 

Moitas grazas Loreto pola visita!  Encantounos!!!!

 

 

Xistralia

Susana Lamela

Tivemos a sorte de ter connosco á autora do libro "Soños de andel", Susana Lamela. Deixamos boa mostra do ben que o pasaron.

Monte Aloia

Todo o alumnado do Ceip da Cruz visitou a aula da natureza do Monte Aloia. Foi unha visita ó bosque autóctono patrocinada por Voz Natura na que os cativos gozaron moito da natureza.

Distribuir contido


by Dr. Radut