Skip to Content

Curso 2017 - 2018

CONTACONTOS INFANTIL: CARLA E OS CONTOS

Tivemos unha máxica xornada de contos infantís, adicados aos máis pequenos. Carla, da librería "Donde viven los cuentos", de Nigrán preparou unha sesión de contacontos que fixo as delicias dos máis pequenos do cole.....A través da imaxinación, das cantigas, e duns selectos contos que trouxo consigo, guiados por Xan da Area, navegamos todos xuntos polo mundo da interulturalidade, da diversidade, dos números, e moitas máis illas de libros.

Grazas Carla, estivemos encantados de disfrutar ao teu carón da maxia que destilan os contos nas túas mans. Esperamos volver a repetir!

COÑECEMOS O VAL MIÑOR

Nesta chuviosa mañá de abril, un grupo de monitores pertencentes ao proxecto Valmiemprega de Nigrán prepararon actividades lúdicas no centro para que os cativos aprenderan múltiples aspectos do Val Miñor. Adaptaron presentacións para cada edade, e deseñaron obradoiros de crebacabezas, mémoris, asociación de imaxes para que os nenos aprenderan todo o posible do Val Miñor.

Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto de Centro , no que traballamos esta temática achegando ao alumnado ao coñecemento da súa realidade máis prósxima. O coñecemento do patrimonio artístico e cultural do Val Miñor é por agora unha das prioridades do noso centro.

 

GRazas a Valmiemprega pola vosa aportación!

RCP EN CAMOS: ESCOLA CORAZÓN

Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º aprendemos que facer ante diversas situacións de emerxencia grazas ós Médicos de Escola Corazón do PAC de Porriño.

Primeiro estivemos vendo unha presentación de qué podemos facer se unha persoa queda inconsciente, tendo presentes catro pasos: 1. Comprobar que está inconsciente. 2. Comprobar que respira. 3. Pedir axuda ao 112. Si non respira empezar a facer a RCP.

Estivemos practicando cos bonecos especiais todo o que aprendermso. Moitas grazas a Escola Corazón que voluntariamente veu ao ole a ensinarnos estas técnicas tan interesantes.

OS MAIORES VISITAN O M.LISTE

Os maiores do centro pasaron toda a mañá no Museo Liste de Vigo. Foi unha mañá adicada ao coñecemento e  acercamento da cultura galega, sobre todo dos nosos ancestros. Ademáis os chicos e chicas de 5º aproveitaron para fotografar o que máis lle chamaba a atención deste enxebre lugar: deste modo fórose turnando a cámara para captar todos os detalles que lles gustaban.  Aquí tedes unha pequena mostra destas fotos que fixeron os nosos fotógrafos e fotógrafas....

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O 2 de abril celébrase O dia Mundial pola Concienciación sobre o Autismo. No noso cole tivemos a visita especial de Alba e Gabriela, dúas psicólogas e terapeuras que traballan con nenos con TEA. Agora sabemos que esas siglas significan Trastorno do Espectro Autista, unha característica coa que nacen moitos nenos e nenas que os fai especiais, pero o máis importante é que precisan da axuda de todos nós, que con agarimo e comprensión sexamos capaces  de aceptalos e querelos como son....Como somos todos, diversos, diferentes, necesitados de aceptación e amizade. ASí que poñámonos man a obra e abramos o noso corazón a todos os nenos e nenas diversos!

Na biblioteca  proxectamos as películas de "  El viaje de María "  " Academia de Especialistas". que falan acerca de nenos e nenas con TEA, das súas habilidades especiais..... Ademáis nela tamén podemos atopar o xenial libro de Miguel Gallardo para que todos poidamos comprender mellor cómo son estas persoas con autismo, e querelas máis........

 

 

VISITA AO MUSEO DO MAR

Na visita ao Museo do mar, vimos unha exposición sobre a orixe da terra xa que o primeiro ser vivo naceu na auga. Fixemos un percorrido dende hai 4.600.000 anos ata a nosa época falando dos mares primiitvos, volcáns, moléculas, células, microalgas que foron as primeiras en colonizar os mares, fósiles....Coñecemos a Linneo, a Darwin coa súa teoría da evolución da especie. Fixemos un obradoiro práctico no que a partir de moldes de fósiles de amonites fixeron o seu propioo fósil.....Foi unha mañá na que o coñecemento foi impartido dende un museo, xa que procuramos que as nosas saídas sexan unha prolongación do traballo no centro.

PREMIOS PREGUNTOIRO CAMOSIÑA

Hoxe, a nosa mascota da biblioteca, Camosiña, repartiu para todos nós os premios dos Gañadores do Preguntoiro. Durante todo o trimestre, unha vez a semana , Camosiña nos presenta unha pregunta con tres opcións e nós temos que poñer a resposta no buzón. Houbo premios para a maioría xa que en cada curso se premiou o primeiro, segundo ou terceiro posto. En total 20 gañadores, entre os que destacaron os alumnos de 1º,2º, e 5º que traballaron en grupo e tiveron as máximas puntuacións.

Museo do mar

Robot saltarín

DESCUBRINDO A LEONARDO DA VINCI

No Ceip da Cruz andivemos revolucionados na procura de información de este xenio da Italia do Renacemento que foi pintor, escultor, arquitecto, inxeneiro, inventor.....e mil cousas máis. Nas distintas clases aprendemos sobre él e fixemos fichas biográficas ou publicamos no blog da clase as conclusións as que chegamos , tamén xogo co escornabot incluído.... E todo para aproveitar ao máximo a saída que fixemos a Exposición Da Vinci, en Vigo, na que puidemos ser testemuñas das réplicas dos seus inventos e pinturas, así como posuidores de moitos dos segredos que se escondían nas mesmas..... Foi unha aprendizaxe promovido dende a biblioteca do centro que puxo a nosa disposición múltiples materiais para que os distintos titores deseñaran actividades de educación documental.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut