Skip to Content

Curso 2019 - 2020

PROPOSTA DE MANUALIDADE

                  

Bo día chicos! A profe Ana nos fai esta proposta.....a ver que os parece! Seredes capaces de facer voar a vosa imaxinación e facer unha manualidade parecida?

Todas as manualidades feitas podédelas fotografar e enviar ao correo do colexio, ou ao wasap....Subirémolas na web do colexio como proba das vosas marabillosas aptitudes creativas!!! AGardamos as vosas manualidades! Biquiños a tod@s!

CARTAS DENDE A CORENTENA

Xa están aquí as primeiras cartas dende a corentena dos nosos nenos e nenas!  Moitas grazas polas vosas palabras, son máxicas e dannos forzas nestes difíciles momentos.

Animádevos todos a escribir unha carta para os vosos amigos, os vosos profes, os que queredes ben. Nós publicarémolas por aquí para que vos deades conta de que non estades sós, que todos nós estamos xuntiños na distancia, unidos por un fío azul de agarimo e apertas virtuais. Mans a obra , chicos e chicas!! Agardámosvos!!

      Carta de Nerea 

 

                   CArta de Daniella Juste 

  Carta de Sofía

O HIMNO DOS NENOS: CORENTENA 2020

Olga, a nai de Pablo de sexto curso nos manda este vídeo tan emocionante. A pesares de que se publicou no 2012 é agora cando cobra un novo sentido, unha nova forza. Porque é o himno dos nenos. Porque nos están a dicir que non estamos sós, que eles nos axudarán a levar adiante esta grave crise......porque sin eles ningunha loita ten sentido.....

Grazas nenos e nenas por estar pretiño de nós, non sabiamos que tedes a chave que abre a porta da fortaleza e do acougo....grazas alumnado noso porque sodes a nosa razón de ser, o noso alento, a nosa baza secreta.

Adiante xuntos! Xuntos poderemos vencer a todas as catástrofes,ao coronavirus, a desidia e o infortunio. Porque convosco somos máis fortes, e nada nos impedirá seguir adiante!!!!   Adiante sempre!!!

 

 

BICOS DENDE A CORENTENA

Aquí están os nosos nenos e nenas enviándonos folgos dende o seu fogar! Aquí estan co seu sorriso perenne, aquí están dicindo que non nos van fallar! 

Grazas nenos e nenas, nós estaremos okei, si ao ver as vosas cariñas sorrintes o noso mal é menos, todo sairá ben!

 

 

                                                                            

 

 

 

                                        

 

 

     Valeria                      Edgar e Nerea

      Dani e Mario

            

 

SAUDOS DENDE A CORENTENA

Sen saber moi ben o por que, aqui estamos todos loitando contra o Coronavirus dende a casa. Son días de moito esforzo por parte dos máis pequenos da casa. Eles son o noso apoio , a nosa razón de loita, o corazón da sociedade , e nestes momentos uns grandes heroes dos que estamos moi orgullosos.

Aqui nos manda unha mensaxe Luna, en nome de todos os nenos e nenas que nestes días loitan a pé do cañon, dende a casa e cun sorriso permanente. Grazas por estar ahí, por ser fortes e valentes.....Ten razón Luna, verémonos moi pronto no colexio, e diremos con razón: Que valentes fomos!

RECOMENDACIÓNS DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Adelaida seleccionou páxinas en internet para seguir traballando os contidos do curso e para traballar a lectoescritura cos nenos e nenas de 1º de primaria e recórdavos que podedes ir ao blog de Pedagoxía Terapéutica que está nesta páxina web.

AUDICIÓN E LINGUAXE

Paula seleccionou unha serie de páxinas webs con propostas moi interesantes para traballar a linguaxe. Preme no adxunto

PROPOSTAS DE EDUCACIÓN FÍSICA

Para que os nenos e nenas de primaria sigades estando en forma, Arturo propón estas actividades. Preme no adxunto

PROPOSTAS DE PSICOMOTRICIDADE PARA EDUCACIÓN INFANTIL

O profe Arturo seleccionou unha serie de actividades para que o movemento non falte nestes días. Premede no arquivo adxunto

PROPOSTAS DE PLÁSTICA

Susana propón estes vídeos para que fagades en familia divertidas manualidades. Premede no arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut