Skip to Content

Actividades

MERCANDO NO EROSKI, BANCO DE ALIMENTOS.

Esta mañá todo o alumnado de sexto , xunto con cinco nais, foron ao súper a comprar alimentos para o banco de alimentos con 725 euros recolectados no Mercadillo Solidario de Nadal. Dividimos os cartos en cinco gruos que se encargaron de mercar leite, pañales, aceite e algún que outro doce.. Os nenos e nenas foron os encargados de facer os cálculos, administrar o mellor posible o diñeiro, calcular a cánto saía o kilo, q ueé productos eran máis baratos e cales compensaban.....Ao final fixeron a entrega. 

Foi unha experiencia enriquecedora de traballo competencial onde , coma sempre temos que agradecer a colaboración das nosas familias. Ben feito!

VISITA AO VIVEIRO

Que ganas tiñamos de voltar ao noso viveiro! E que ben o pasamos parnedendo, tocando e vivindo experiencias. Grazas a Lola e a Laura que nos ensinan a importancia de preservar as nosas especies do mellor modo posible: plantando futuros castiñeiros que ademáis nos levamos de volta ao cole esperando velos brotar. Por suposto, paroveitamos para limpar o entorno dos nosos piñeiros poñendo en valor o coidado do medio.

    

SAÍDA AO VIVEIRO

Todo o cole participou hoxe nunha xornada co Grupo de Rexeneración Forestal do Val Miñor, representado por Lola e Laura. Entre todos, fixemos limpeza do noso viveiro e tamén creamos trampas para velutinas. Por suposto houbo tempo para camiñar, explorar e investigar polo noso monte. Qué luxo de xornada!

 

INVESTIGAMOS E EXPOÑEMOS SOBRE AS ABELLAS. E. INFANTIL.

Os nenos e nenas de cinco anos do ceip da Cruz estiveron a investigar acerca das abellas e quixeron compartir cos diferentes cursos os seus coñecementos. Respetando a distancia de seguridade , fixeron unha posta en común de todas as curiosidades acerca das abellas: sabiades que nun día poden poñer ata dous mil ovos? Estas e moitas cousas máis aprendemos todos destes increibles animais.  GRazas chicos e chicas pola información tan ben exposta!

EXCURSIÓN AO AUDITIORIO MAR DE VIGO

O alumnado de quinto e sexto de primaria acudiu esta mañá ao Auditorio mar de Vigo. Desfrutaron adentrándose un pouco máis no Proxecto Terra no que estamos inmersos. Nunha xornada moi entretida puideron visitar este auditorio  no que aprenderon un pouco máis sobre construccións e os recursos necesarios para conseguilas. Viron maquetas doutros colexios e eles mesmos deseñaron os seus propios asentamentos atendendo a distintos terreos e as súas características... Para repetir!!

23 F: PENSAMENTOS EN HONOR A ROSALÍA

No colexio celebramos o día de Rosallía plantando o que sería o seu horto favorito: cheo da súa planta preferida que agora sabemos que son os pensamentos. Por iso todo o colexio se volcou a plantar a Horta de Rosalía. Aquí vos enviamos algúns momentos desta plantación, que cremos que foi todo un éxito. Bo traballo , rapaces e rapazas!

PLANTACIÓN NO VIVEIRO

Nesta solleira mañá de mediados de decembro desfrutamos da natureza en todo o seu esplendor. Por grupos, o alumnado do ceip da cruz subiu ao viveiro para plantar pequenas sementes e transplantar as pequenas plantiñas que foron crecendo no mesmo.  Descubrimos que hai moitas maneiras de aprender ciencias da natureza, entre elas, vivenciándoa como o facemos neste cole. Desfrutamos moito e contribuimos a un maior desenvolvemento sostible. Grazas Lola por ensinarnos tanto!

OBRADOIRO DE RECICLAXE

Nesta mañá de finais de decembro todo o alumnado do centro, por grupos burbulla ,fixo unha actividade moi interesante de reciclaxe. Co papel reciclado os nenos e nenas fixeron bonitas postais que adornaron con cores e incluso cun motivo lacrado con cera. Foi unha actividade moi amena enmarcada dentro do proxecto de centro que quere traballar a sostenibilidade. Encantounos!

PLANTACIÓN DE SEMENTES NO VIVEIRO

Hoxe tivemos a sorte de subir ao Viveiro para traballar con Lola, Ana, e os compañeiros de Avelaíña, que viñeron a axudarnos para sementar o que recollemos a última vez . Despois de gardar na neveira as sementes nunha bolsa con serrín, estas , agromaron e chegoulles a hora de plantalas xunto co compós que tiñamos preparado. ASí que nin curtos nin perezosos, os nosos rapaces e rapazas puxéronse a sementar con moita ilusión. Terá que pasar tempo para que a arboriña crezca e logo poder transplantala ao monte. GRazas Lola, Ana e aos chicos e chicas de Avelaíña. Encántanos as ciencias naturais así vivenciadas!!!!

EXCURSIÓN A APÍPOLIS: ABELLAS XENIAIS

Nesta solleira mañá de mediados de novembro o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria foi de excursión a Apípolis: a cidade das abellas.   Alí pasaron toda a xornada aprendendo cousas acerca destes insectos tan interesantes. Non só leron os múltiples paneis con información relevante acerca da vida delas, senón que fixeron receitas, elaboraron eles mesmos velas con cera , e incluso tiveron a oportunidade de visitalas no panal, de onde se saca o mel directamente. Foi unha experiencia inolvidable da que esperamos que o noso alumnado aprenda a importancia dos pequenos seres que fan deste mundo un lugar máis sostible. Desta temática vai precisamente o noso Proxecto de Centro, e con esta excursión quixemos dalo a coñecer. ....Seguro repetimos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut