Skip to Content

O recuncho de Arturo

CIRCUITO EN BICICLETA. PROGRAMA XOGADE.

Dentro do programa Xogade (xogos en idade escolar) hoxe tocoulle ao alumnado de 4º e 5º de educación primaria realizar un  circuito na pista co colexio. Practicaron varias veces o circuito mostrando uha boa destreza no manexo da bicilceta e cun bo equilibrio ao pasar por conos e barras estreitas. Finalizamos a actividade cunha crono individual, logrando mmoi bos tempos. Por iso quedamos moi ledos e ademáis o monitor, Asier, felicitounos polo bo comportamento e polo afán de superación.

Non queremos rematar sen agradecer ás familias a colaboración polo esforzo de achegar as bicis ao centro. Grazas!

Carreira pola Paz 2023

ESte 31 de xaneiro decidimos celebrar o día da Paz cunha carreira solidaria no colexio Arquitecto Palacios. Esta carreira consistía en dar as voltas que poidésemos durante 5 minutos co fin de recaudar fondos para o banco de alimentos de Nigrán.

Os nenos e nenas esforzáronse todo o que poideron e conseguiron recaudar unha boa cantidade de diñeiro que seguro axudará a moitas familias que o están a pasar mal.

BALONMÁN NO CEIP DA CRUZ

Durante o mes de novembro, a través do Plan Xogade, o alumnado de 4º e 5º poido desfrutar da aprendizaxe dun deporte tan marabilloso como é o balonmmán. Aprendemos as regras, xogadores por equipo, tipo de pases, lanzamentos...e o máis importante: xogar en equipo.

Xa realizamos varias sesións xogando partidos e cada vez gústanos máis. Con isto tamén aprendemos que ademáis do fútbol existen outros deportes máis minoritarios pero igual de fascinantes.

 

CLUBE VITAMINAS DE FRUTAS NIEVES

   

O 24 de novembro acudiu ao noso centro unha das dietistas que forman parte do Clube Vitaminas de Frutas Nieves. O Clube Vitaminas é un proxecto educativo que ten como onbxectivo fomentar uns hábitos de alimentación saudable, promovendo o consumo de froitas, verduras e hortalizas entre os máis pequenos.  

Este ano contan coa colaboración de ASPROCAN ( Plátano de Canarias) de Kiwi Zespri e Galifresh, que trata de dar solución ao problema crecente entre os escolares españois que soen superar os límites de peso aconsellables.

Como parte final da actividade agasallaron aos nenos e nenas cunha merenda individualizada e unhas fundas plásticas moi divertidas onde gardar os plátanos.

                                             

ENTRENANDO NO COLE. 3 2 1!

Hoxe viu ao noso cole David , entrenador no Seis do Nadal. Ensinounos moitos trucos de entrenamento e aprendemos un montón. David vai vir varios días a ensinarnos como entrenar e mellorar a nosa táctica. Grazas , entrenador!

CARREIRA NO VAL MIÑOR. XOGADE.

Que marabillosa mañá de principios de inverno! Un sol espléndido iluminou o día para que a rapazada do Val Miñor fixera esta carreira na praia da Ladeira. Esta, pertence ao plan Xogade ( Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) no que está anotado o noso centro, e grazas ao cal faremos varias actividades ao longo do curso. Encantounos compartir esta experiencia con outros colexios do Val Miñor. Foi un dia xenial no que nos atopamos con amigos e amigas doutras escolas además de pasalo fenomenal. Iso si, foi un pouco duro xa que nos esforzamos en chegar á meta na mellor posición posible. E creo que o fixemos moi ben todos , destacando que ademais obtivemos unha medalla e tres diplomas.   Así se fai, rapaces!

BOLOS CELTAS NO CEIP DA CRUZ. ACTIVIDADE DEPORTIVA.

Esta semana de mediados de outubro tivemos a gran sorte de ter no colexio a Campiona Nacional de Bolos Celtas.  Veu acompañada dun antigo alumno e entre ambos déronnos unhas clases de xogo de Bolos Celtas fenomenais.  Despois dunha sinxela explicación do xogo a todo o alumnado do Centro, poideron poñer a proba as súas habilidades de coordinación e de deportividade, animando sempre aos compañeiros. 

Grazas Leo por estas xornadas deportivas tan interesantes. Pasámolo xenial e aprendemos que hai moitas formas de deporte, todas marabillosas. Volve pronto! 

FUTBOL GAÉLICO

O pasado mércores 23 de marzo un representante do clube Turonia GFG de Gondomar acudiu ao noso Centro para ensinar ao alumnado de 3º a 6º en qué consiste o Futbol Gaélico. Primeiro visualizaron un video a traves do cal aprenderon o regulamento e material necesario e logo pasamos á parte práctica na pista polideportiva do cole onde practicamos en pequenos grupos toques coa man, botes, desprazamentos e finalizamos xogando un partido. 

Gustounos moito esta actividade e quedamos co profe de EF, Arturo, en practicar e afianzar este deporte nas sesións de EF.

SURF EN PATOS

 

Nos primeiros días de curso fomos a Patos a realizar unha sesión de iniciación ao Surf. Pasámolo xenial e esperamos repetir.

Grazas ao Concello pola organización desta actividade e darnos a coñecer o marabilloso mundo do "Surf" e aos  monitores por facer deste día algo moi especial. Esperamos e desexamos repetir outra vez!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BOLOS CELTAS NO CEIP DA CRUZ

Coincidindo con que en Educación Física  o profe Arturo está a traballar os Xogos Tradicionais, tivemos de invitada no colexio a Blanca Lago, múltiple campiona de España e de Galicia de Bolos Celtas.

Acudiu ao centro dous días onde cada grupo estable puido aprender un montón baixo a súa atenta mirada.

Dende aquí queremos agradecerlle a súa implicación e tamén ao alumnado a súa boa acollida durante estes dous días de entrenamento con ela. Moitas grazas Blanca Lago!

Distribuir contido


by Dr. Radut