Skip to Content

Fomento da lectura.

LEMOS EN PRIMARIA

Foron moitas as lecturas que desfrutamos en primaria. Aquí tedes uns dos ratiños máis destacados!

 

LECTURAS EN PRIMARIA

LEMOS EN INFANTIL

Aos nenos e nenas de infantil encántalles ler contos. Estes son algúns da nosa selección!

 

LEMOS EN INFANTIL

GRUPO TEATRO CEIP DA CRUZ

O alumnado de distintos cursos de primaria crearon un grupo de teatro co que ensaiaban nos recreos e representaron diferentes obras aos seus compañeiros/as ao longo do curso

 

GRUPO TEATRO CEIP DA CRUZ

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

TRABALLAMOS CON PERIÓDICOS

Os nenos e nenas traballamos moito cos periódicos e encántanos ler o Papagaio. A partir de ler diferentes periódicos creamos o noso periódico e aventurámonos a facer un telediario coas noticias máis relevantes da escola. Aquí tedes as nosas producións.

 

PERIÓDICO DA CRUZ

OBRADOIRO DA VOZ

   

Damián Alonso, de Solo Voz, doblador de pelíulas e experto en comunicación oral, fixo un obradoiro aberto a familias no que practicaron formas de contar contos. Foi unha sesión superinteresante xa que hai moitos trucos para chamar a atención dos oíntes, e todos esos trucos sábeos Damián. Ademáis pasámolo fenomenal! Grazas Damian.

NOVA MASCOTA CONTACONTOS: ORBIL

Hoxe veu á clase de segundo unha nova mascota contacontos chamada Orbil. Ë un lobezno algo mentirán pero que disfruta contandolle contos aos máis pekes......ESta vez o conto elexido foi "Tragapalabras". Nunca vos pasou que por medo, vos tragades as palabras? Foi o que lle aconteceu á protagonista deste libro, ata que un día deixou de tragalas e botounas fóra......

DÍA DO LIBRO 2023

No colexio celebramos o Día do Libro por todo o grande.  Foi unha mañá moi especial que deu o pistoletazo de saída a través da Feira do Libro . Os nenos e nenas trouxeron libros para cambiar por outros , tamén podían traer alimentos para conseguir vales que lles permitían trocar nesta grande feira. Despois do recreo tivemos a actividade dos Apadriñamentos Lectores, que tanto gustan a grandes e pequenos. Cada maior lle lía un conto a un ou varios nenos e nenas . Despois ambos aprendían a facer unha flor de tea chulísima coa que se agasallaban mutuamente.

 Foi un día de convivencia e moitos momentos compartidos. Encántanos este día! E quedan máis sorpresas relacionadas coa Semana do Libro .Preparádevos!

CONTACONTOS EN IGUALDADE. A XANELA DO MAXÍN.

Sara Laya traballa na Xanela do Maxín. Fai uns contacontos preciosos que encantan a grandes e pequenos. Esta vez fixo unha adaptación ndo conto Lúa quere ir a Marte. Nin que dicir que fixo as delicias de todo o alumnado do centro, foi unha aventura trepidante na que aprenderon que os soños poden facerse realidade si te empeñas e traballas con esmero, e por ser muller non podes menos que os demais......Grazas Sara por este contacontos tan didáctico ,divertido e interesante!

CONTOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE EN 2º CURSO

Á clase de Segundo encántanlle os contos, por iso, a nosa mascota de clase, Pelocho, veu cada semana a contarlles divertidos e didácticos contos que os divirten ao mesmo tempo que lle ensinan valores.

Despois de contar e comentar o conto gústalles pintar con acuarelas as portadas dos mesmos, usando toda a imaxinación posible.  Aquí queremos deixar pega das portadas e contos deste primeiro trimestre de curso. Agardamos que vos gusten.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut