Skip to Content

Conmemoracións

SAMAÍN - HALLOWEEN

Chegou a efeméride preferida dos nenos e nenas do ceip da Cruz: o SAmaín e o Halloween. Neste día tan especial todos os rapaces e rapazas disfrazáronse de personaxes que daban moitísimo medo. Ademáis os mestres tiñamos preparada unha actividade moi especial na que participaban grupos de 12 nenos e nenas de todas as edades. Consistía en visitar as distintas oito estacións ao longo do centro: estación de inglés no que visionaron vídeos de Halloween ,estación de plástica, de TIC , de Convivencia na que fixeron conxuros máxicos, tamén a estación das lendas de medo titorizadas polas mestras de infantil,  a de educación física chea de xogos motores para todas as edades, e a nosa estrela, a nosa radio que comezou a andar neste día.......Resulta que no noso colexio imos ter unha xenial radio! Que vos pareceu a experiencia? Xa sei, non mo digades máis,.......queredes repetir! 

PASAPALABRA SAMAÍN

RASTREXO TERRORÍFICO EN CAMOS

Si queredes pasar unha tarde terrorífica, nenos e nenas de Camos, xa sabedes, apuntádevos a esta estupenda actividade na que os nenos do cole están a preparar.....Vai ser un rastrexo moi divertido, terrorífico, duns 5 km , con moitas sorpresas que vos encantarán.....O sábado 28 de outubro será un día para divertirse!

LETRAS GALEGAS 2023

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio celebramos no colexio o Día de Europa. A nosa teacher preparou connosco un conto sobre Europa que Dani e Sheila leron ao resto do alumnado. Logo cada alumno de 6º e 5º expuxeron os seus traballos de cadanseu país dos que forman este continente. Foi un espazo de compartir e de desfrutar do traballo dos seus compis....Moi bos traballos rapaces!

DÍA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Esta vez tocoulle ao alumnado de sexto preparar o Dia sobre o Acoso Escolar e a non Violencia. Prepararon un coñecido conto: Invisible, de Eloy Moreno, e léronno entre todos ás clases. Gustounos moito ese conto que explica por que os observadores dun episodio de bulllying son os máis importantes para solventar ese grave problema.

Os chicos e chicas de sexto deixaron como proposta ás clases escribir cousas boas dos nosos compañeiros e metelas nun buzón para ir léndoas paseniñamente. GRazas equipo de sexto polo voso traballo! Gustounos moito!

 

                                   

OS MAIOS NO LISTE 2023

Os maios son unha celebración ancestral que consiste en festexar a chegada da primavera,  engalanando rúas  con montaxes de  fiuncho e distintos tipos de flores. Pois iso fixeron os nenos de Infantil , primeiro e segundo como actividade frente ao Museo Liste.

As familias implicáronse por completo e trouxeron moito material para facer dous preciosos maios arredor dos cales cantamos cantigas populares galegas relacionadas coa temática. Nin que dicir que os nenos o pasaron fenomenal esa mañá.

Logo de traballar arreo nos maios acudiron a ver a obra de teatro Feo, que tamén lles gustou moito...... Foi unha mañá, a mar de divertida!

DÍA DO LIBRO 2023

No colexio celebramos o Día do Libro por todo o grande.  Foi unha mañá moi especial que deu o pistoletazo de saída a través da Feira do Libro . Os nenos e nenas trouxeron libros para cambiar por outros , tamén podían traer alimentos para conseguir vales que lles permitían trocar nesta grande feira. Despois do recreo tivemos a actividade dos Apadriñamentos Lectores, que tanto gustan a grandes e pequenos. Cada maior lle lía un conto a un ou varios nenos e nenas . Despois ambos aprendían a facer unha flor de tea chulísima coa que se agasallaban mutuamente.

 Foi un día de convivencia e moitos momentos compartidos. Encántanos este día! E quedan máis sorpresas relacionadas coa Semana do Libro .Preparádevos!

DÍA DA POESÍA

     

O 21 de Marzo celebramos o Dia da Poesía. As mestras de infantil do cole quixeron celebrala dun xeito moi  bonito e especial que está explicado con detalle no  blog de Infantil.

Invitámosvos a que vos pasedes polo seu blog :  https://aorellaverdedaescola.blogspot.com  e así vexades as cousas bonitiñas que vos teñen preparadas, xunto con vídeos moi chulos coma este:

 

 

ENTROIDO 2023. CEIP DA CRUZ.

Por fin chegou a efeméride preferida no cole! Chegou o Entroido a nosa escola! Que contentos estamos!

Este ano o entroido no cole xirou arredor do proxecto do centro "Cruzarte na Historia", no que estudamos a arte en tódos os ámbitos a través da Historia. Deste modo os pequeniños de infantil representaron aos prehistóricos, xunto cos seus petroglifos e pintadas ancestrais. Os de primeiro e segundo representaron a etapa exipcia, os de terceiro a edade media, os de cuarto e quinto ían disfrazados de pintores da edade moderna e os maiores de sexto representaron distintos cadros da edade contemporánea. Foron disfraces nos que o apoio das familias foi fundamental. Realmente formamos un gran equipo xunto con elas. Moitas grazas pola vosa axuda e colaboración!

Distribuir contido


by Dr. Radut