Skip to Content

Curso 2016 - 2017

DÍA DO LIBRO

Chegou o 23 de Abril e con él unha gran festa celebrada por todo o alto no colexio. No salón de actos tivo lugar unha gran representación de contos de todo o mundo. Cada clase preparou un conto típico dun país do mundo, seguindo así o noso proxecto "A volta ao Mundo"

Ademáis os maiores léronnos parte dunha colección de libros de sentimentos , que nos aconsellan para ler todos nós. E neste momento tan especial, falando de valores, e de sentimentos , fixemos un inciso para falar da forza de vontade, da importancia de loitar polos nosos soños, e puxemos como exemplo a  Pablo Raez, loitador incansable que foi gran éxito nas redes sociais reclutando donantes de médula. Os maiores cantamos a canción de "Abre tus ojos", para visibilizar que estamos dispostos a esforzarnos por todo aquelo polo que soñamos.

Despois chegou o momento máis esperado, o dos padriños e madriñas lectores. Os pequenos elexiron conto, e ao azar, cada neno elexiu ao seu apadriñado......Foron momentos moi especiais que sempre queremos repetir. Aquí vos deixamos con algunhas imaxes.....

EDUCACIÓN VIAL-POLICÍA NO COLE CRUZ

Chegou o día da Actividade máis esperada do ano: a visita da Policía de Nigrán ao colexio. Fixeron un enorme circuito no patio do colexio tanto para bicicletas como para kars. Os nenos e nenas pasárono en grande manexando bicis e kars polo circuito, eso sí, sempre respeitando as normas de circulación, os pasos de cebra, os stops...... Agardamos que esta emocionante experiencia sirva para crear viandantes e conductores responsables e coidadosos. Sen dúbida, así será!

XARDÍN ZHEN NO COLEXIO

Os maiores do colexio comezaron o proceso do Horto Escolar. Esta vez tratouse de convertir o areeiro nun xardín Zhen.É dicir nun bonito xardin que admirar cada día e que a súa fermosura nos dese moita paz e alegría, e deixara fluir as boas enerxías.

Os rapaces e rapazas de 6º traballaron arreo, plantando unhas preciosas plantiñas moi coridas que tiñan que adornar ese espacio máxico para todos. Pouco a pouco iremos plantando nos distintos recunchos que temos no colexio....Pero para empezar, non quedou nada mal ......Que dicides deste noso Xardín Zhen?

UN PLANETARIO NO COLE

Tivemos unha mañá moi especial no cole, xa que se montou alí un Planetario móbil no que , por cursos iamos entrando e participando dunhas proxeccións en 3D relativas ao nacemento da vida, aos compoñentes do Universo: eran unhas imaxes impactantes, de modo que se ensinaba Astronomía de forma lúdica e divertida. Ao finalizar as proxeccións , no patio do colexio fixemos voar cohetes e  un xogo de vivenciar o Sistema Solar. Os nenos pasárono moi ben e foi unha iniciativa orixinal que axuda a dar ritmo e vivencia as cousas que aparecen nos libros.....Podemos dicir, que , de Astronomía, xa sabemos algo máis.....

CASTELOS COOPERATIVOS

Chegou Marzo e con él as puntuacións dos diferentes grupos e castelos aos que pertencen os nenos e nenas do colexio. : Fixemos un reconto de puntos acadados durante estes meses e o máis importante : os premios de excelencia que cada titor deu a un neno da súa clase no que se valorou a capacidade de esforzo, de axuda aos compañeiros, de mellora nas súas dificultades, na ilusión por aprender, nas ganas por mellorar.....Velaí están os elexidos de cada clase e a puntuación dos Castelos ao que pertencen cada neno do colexio.

Noticia Faro de Vigo

Plantación de árbores

OBRADOIRO DE COCIÑA

O alumnado de 5º e 6º do colexio participou nun Obradoiro de Cociña organizado polo Concello de Nigrán onde aprenderon moitas cousas sobre Alimentación Saudable. Primeiro tiveron unha presentación moi interesante onde se lles explicaba os distintos tipos de alimentos e os seus beneficios. Máis tarde pintaron debuxos relacionados coa alimentación e a parte máis divertida foi cando poideron elaborar un menú propio con eses alimentos que antes se lles explicaran. Encantounos a experiencia , porque aprendemos que a alimentación sá é a base dunha vida máis feliz e completa. É moi doado manter unha dieta equilibrada tomando alimentos variados . Grazas por esta experiencia! Sen dúbida a máis gustosa!!!!

DÍA DA ÁRBORE

O  23 de Abril celebramos o Día da Árbore. Foi un día especial no noso colexio. A primeira hora o profe Bruno explicounos detalles de 14 árbores senlleiras do Val Miñor. Máis tarde a Comisión de Montes xunto coa AMPA do noso cole tiñan preparada unha actividade chulísima: Cada neno/a do colexio ía plantar unha árbore que levaría o nome dese neno ou nena.

Foi un día soleado ,no que tamén estivemos acompañados polo alcalde. Os rapaces e rapazas viviron unha experiencia estupenda e quedou proba deste día os Carballos, Castiñeiros e Nogueiras que quedaron plantados e verán crecer a toda esta xente pequena!

Grazas a todos os que fixeron posible esta iniciativa tan fermosa!!!

VISITA AOS GUERREIROS DE XIÁN

 

Os Guerreiros de Xian son máis de 150 reproducións dos orixinais do Exército de Terracota do Primeiro emperador de China,Qin Shi Huang, que fixo enterrar onda él máis de 8.000 figuras de guerreiros e cabalos de terracota en tamaño real. 

 Dende o ano 1987 están clasificadas como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Ao enterrar estas estatuas o emperador creía que o seu exército o seguiría máis alá da vida terrenal.No noso colexio non quixemos desaproveitar esta oportunidade e alá nos fomos a desfrutar deste feito cultural.

 Os nosos alumnos desfrutaron das historias que os monitores lles foron contando acerca das 70 reproducións do mausoleo do Primeiro Emperador: hai gobernadores, oficiais, guerreiros, xunto a cabalos, armas, xoias e moitas ferramentas de uso diario e arte..... Pasámolo en grande facendo incluso de expertos arqueólogos!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut