Skip to Content

Curso 2017 - 2018

Martes na Biblio

Experimento das cores.

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil fixemos un experimento para observar algunha das propiedades da auga, entre elas a capilaridad. E aproveitamos tamén para coñecer cales son as cores primarias e como se conseguen las cores secundarias.

Agardamos unhas cantas horas e .....voilà! as cores mesturáronse e resultaron outras novas.

Contacontos de Educación Infantil.

 

 

 

Primeira sesión da Formación de Usuarios.

Os nenos da escola aprenderon moito do funcionamento da biblioteca pero o que máis lles gustou foi cando os nenos e nenas de 5º, os axudantes da biblioteca, ensináronlles á colocación dos libros e fixeron prácticas con eles.

 

https://osfantasticosdecamos.blogspot.com/2018/07/formacion-de-usuarios....

 

Contacontos con Servando Barreiro

No mes de maio, tivemos unha sesión de contacontos musicais con Servando Barreiro do seu libro "A música da auga". Unha mañá entretida e amena.

EDUCACIÓN VIAL E CONTACONTOS EN NIGRÁN

  

 

Mañá de experiencias no CEIP da cruz.

Mentres os máis pequenos, Infantil , 1º e 2º acudían a biblioteca pública de Nigran a vivenciar o contacontos que a bibliotecaria Cristina tiña preparado para eles e saboreaban un trozo de lúa, os maiores estudaban a través das explicacións e presentacións que a guardia civil trouxo para eles da importancia dunha conducta cívica tanto ao volante como fóra del. No patio do colexio, a continuación montaron un circuito vial con todas as señais que os nosos futuros conductores haberán de respeitar. E xa máis tarde para todos, grandes e pequenos, tivemos a exhibición dos bombeiros Chema e Gabriel que amosaron cómo apagaban lume cunha impresionante mangueira, e  puxeron para todos nós a funcionar as luceciñas do camión para o noso deleite.

 

As aprendizaxes máis importantes da vida non vale con estudalas, hai que vivencialas e adicarllea tempo  porque unha persoa sensibilizada non comete imprudencias, porque vale máis unha vida que todas as explicacións xuntas....Grazas a Policía Local, a Teo, a aos bombeiros por facernos a mañá tan especial.

 

LETRAS GALEGAS 2018

 

  

A partir da visita que os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixeron á Xunta de Galicia e ao Parlamento, investigaron sobre algúns aspectos da nosa Comunidade Autónoma, plasmándoos neste vídeo que visionaron os seus compañeiros/as o día das Letras Galegas.

 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Chegou a conmemoración máis fermosa do curso: o Día do Libro. No colexio fixemos un acto que comezou coa dramatización do conto en inglés, "O Grúfalo" interpretado polos rapaces e rapazas de 6º.   Tivemos o noso presentador do acto, Shakespeare, que fixo un percorrido polas parroquias de Nigrán que estamos a estudar no proxecto, e nos foi presentando os traballos de todos os nenos que neste día aconsellaron un libro vía vídeo. Tamén nos presentaron as novas Mochilas Viaxeiras que visitarán os nosos fogares ata finais de curso. (Pinchade no enlace para ver o vídeo).

Neste día especial fixemos a actividade favorita dos nenos: apadriñar un lector máis pequeno e contarlle contos no recuncho do cole que desexemos. Estas parellas de lectores agasalláronnos cos momentos máis máxicos do curso.

E xa para rematar fixemos o Mercadiño de Libros no que a través de vales, cada neno entrega un libro e leva outro que desexe.....Unha actividade de animación á lectura promovida pola Biblioteca do cole e apoiada polas nosas marabillosas familias que sempre están dispostas a colaborar nas nosas propostas. Feliz día do libro!

 

 

 

SAÍDA AO MUSEO DO MAR E FUNDACIÓN SALES

Nesta calurosa mañán de finais de abril tivemos unha excursión moi didáctica. O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria acudiu ao Museo do Mar de Vigo para sumerxirse nas historias de castrexos e romanos. A través da lenda de "Marcus e o misterio da auga salgada", os máis peques do cole experimentaron cómo vivían e vestían os mercaderes castrexos, como facían os aceites, e os trocos ademáis de vivenciar a actividade dos  arqueólogos que a súa labor é moi importante para coñecer a nosa historia. Encantounos o acuario onde poidemos observar a unha tiburona e ducias de especies de peixes máis.....

Logo de merendar no museo do mar acudimos a Fundación Sales para desfrutar baixo un sol radiante dunhas preciosas paisaxes no medio do xardín botánico . Valoramos as árbores  curiosas, as plantas, e tamén os pequenos animais que nos atopamos polo camiño, como as rás e un  gatiño. Plantamos a nosa leituga con material biodegradable que decoramos ao noso gusto. Foi, en definitiva, unha mañá na que aprendemos moito. Desas aprendizaxes que se pousan no corazón porque son vivenciadas con moito agarimo.

Distribuir contido


by Dr. Radut