Skip to Content

Curso 2019 - 2020

A PRINCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS

  

A profe Vanesa do cole fixo, co gallo do Día do Libro, unha adaptación deste conto para todos vós.. Que pasaría se estivésedes tan aburridos como para bocexar a todas horas? Haberá algo que alegre o corazón da princesa? Tal  vez un bo amigo? Do valor da amizade vai este conto que vos preparou Vanesa.

Premede na primeira imaxe para acceder ao conto.  AGardamos que vos guste!.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe é un día moi especial para todos. É o Día do Libro. Por iso todos os profes do ceip da cruz quixemos facervos un agasallo: contarvos un dos nosos contos favoritos. Queremos acompañarvos este día , e que vos sintades acompañados por nós, que estamos moi pretiño,  a un libro dos vosos corazóns!

MÁIS FOTOS DENDE A CORENTENA

Xa imos cumplir cinco semanas dende o confinamento do pasado 14 de marzo. Neste tempo pasaron moitas cousas importantes. Pascal e Dani celebraron o seu aniversario, Oliver celebroulle o cumple á súa avoa, Nerea interpretou unha canción  moi fermosa, Daniela Juste recbiu un regalo de chocolate da súa madriña, Noemi manda cada día os traballos e vivencias na súa casa,Alex e Carlota cóntannos os libros que leron ata agora...un montón!... . Estamos moi contentos de que nolas contedes  e que compartades connosco esas vivencias vosas. Aquí van as fotos que nos tedes mandado ata agora cheas de bos momentos....Grazas por compartilos connosco! Dende Nigrán: Paciencia, Cariño e Calma!

 

                                          

BAILES DENDE A CORENTENA

Ola chicos e chicas! Xa hai un mes que estamos confinados por iso dámosvos as grazas polo esforzo e vos queremos mandar un vídeo dende a casa que nos manda Carla, de 5º de primaria. Moitas grazas Carla polo teu vídeo, vainos animar un montón, porque bailando "Quedate en casa" a corentena lévase mellor. Moitos bicos dende os nosos balcóns e moitos aplausos para ti, guapa. 

E vós xa sabedes, enviádenos cousiñas : gústanos saber de vós. Así nos animamos entre todos e repartimos os sorrisos. Un biquiño par todos vós!!!

Dia Mundial da Saúde

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración da fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas. A celebración deste día levase a cabo dende o 7 de abril de 1950. Aínda que non se atopa información da campaña que este ano ten prevista a OMS, é fundamental que todos poñamos un graniño de area para facer un chamamento á poboación para que se manteñan na casa e evitar a propagación do coronavirus que tanto está a afectar ao mundo no ano 2020.

 

MENSAXE DENDE O CEIP DA CRUZ

Día Mundial do autismo

 

 

 

 

 

                      

Día mundial do autismo

 

 

 O día 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 este día para expoñer a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

         Este ano foi elixido como lema “Puedo APRENDER. Puedo                                             TRABAJAR”.

         Os principais obxectivos da campaña 2020 son:

1.- Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.

2.- Mellorar o acceso á educación e o emprego para o colectivo.

3.- Conseguir o compromiso dos representantes políticos para facer efectivo os dereitos das persoas TEA nestes dous ambitos principais (educación e emprego)  

 

SAÚDOS DOS NOSOS RAPACES E RAPAZAS!

Temos un alumnado marabilloso. Dende o seu confinamento nas súas casas, envíannos moitas cartas e fotos para que saibamos que todo irá ben. Botámosvos moitísimo de menos, pero non vos preocupedes, rapaces, sei que pronto volveremos a estar xuntos...so hai que ter un pouco de paciencia.

Grazas a todos vós polos vosos detalles, polos debuxos, polas fotos que nos mandades.....Grazas por ser como sodes, estamos moi, moi , orgullosos de vós. Coidádevos moitísimo........Vémonos pronto!

 

 

MATERIAIS SOBRE O CORONAVIRUS

Deixamos os enlaces para distintos materiais sobre o coronavirus para que esteades ben informados:

CONTOS E CANCIÓNS

ROSA CONTRA EL VIRUS del Colegio Oficial de Psicología de Madrid

-     COVIBOOK de la pagina www.mindheart.com

-     Cuento del coronavirus de la Cadena Ser

-     Cuento “Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)” de María Coco Hernando

-     El cuento del coronavirus en vídeo

-     Canción “Los Lunnis se lavan las manos”

ACTIVIDADES

-     Actividades para Primaria del centro CEIP CONDESA DE FENOSA

XOGOS

El juego del coronavirus de Happy Learning

 INFORMACIÓN

-     10 formas de ayudar a los niños a afrontar el brote de COVID-19 y el aislamiento en casa del Hospital Infantil Universitario Niño Jesús

-      Información del coronavirus en pictogramas

-      Happy Learning: “¿Qué es el coronavirus?”

-      Recomendaciones para niñas y niños  en vídeo 

Distribuir contido


by Dr. Radut