Skip to Content

Investigacións.

EDUCACIÓN SOSTIBLE, INVESTIGACIÓN SOBRE AS ABELLAS

Que sorpresa! Que visita tan inesperada tiveron os maiores de infantil do cole! Descubriron nada máis e nada menos que unha abella ! Puxérona na súa lupa xigantesca e nin curtos nin perezosos puxéronse a investigar sobre as abellas........Foron a biblio a buscar libros sobre elas....e preguntarán nas familias datos,....Todo está preparado para que bote a andar outro episodio de investigación sobre os animais que máis axudan a que o noso medio sexa máis sostible....Animo rapaces! Encántanos vervos traballar! Ben feito! Adiante!

ALFIN EN INFANTIL: EXPERIMENTAMOS NOS VOLCÁNS

Na clase de cinco anos quixeron comezar con Alfabetización Informacional, ALFIN, relacionada co tema de interese dos nenos e nenas nestes momentos: os volcáns.

A mestra Raquel explicoulles a través dun fermoso libro que hai na biblio do cole, como funcionan os volcáns, e despois diso todos e todas puxéronse mans á obra para crear o seu propio volcán. Despois desta experiencia convertíronse nuns expertos na materia, e o proceso foi do máis lúdico, creativo e didáctico, como vos podedes supoñer. Estas son algunhas imaxes dos momentos de traballo deste grupo tan aventaxado! Agardamos que vos guste!

Distribuir contido


by Dr. Radut