Skip to Content

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO - IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL- ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

NORMATIVA QUE REGULA O PROCESO 

As familias do alumnado de 6º de educación primaria matriculadas no noso centro que desexen continuar os estudos no centro de adscrición, IES Ramón Menéndez Pidal – Zalaeta, poderán realizar a reserva de praza no prazo comprendido entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro, ambos inclusive. 

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Poderán cumprimentala a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e presentala na sede electrónica da Xunta de Galicia: SEDE ELECTRÓNICA

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No caso de elixir a opción de entrega no noso centro, deberán de solicitar cita previa por correo electrónico á dirección: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal. Na secretaria do centro teremos a disposición o formulario de reserva, tamén poden descargalos no seguintes enlaces: 

Importante: A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras da alumna/o. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora o anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento. 

A publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado será o 22 de febreiro. 

A formalización de matricula terá lugar do 23 ao 7 de xullo. 

Poden consultar a páxina da Consellería para máis información. 

PAXINA CONSELLERÍA ADMISIÓN ALUMNADO 

MANUAL PARA AS FAMILIAS

Para calquera dúbida ou consulta quedamos á súa disposición vía telefónica ou a través do correo electrónico do centro.  

 

 O equipo directivo.

 

 



page | by Dr. Radut