Skip to Content

Infantil

Blog de Educación infantil

O OUTONO EN 3 ANOS A (22/11/2020)

VIVENCIAR O OUTONO

“O Outono xa chegou, as folliñas caen…” con esta canción saímos darlle a benvida ó outono, cantando e bailando no patio do cole. Que divertido foi xogar coas follas!

 
 

Outros días fomos de aventura ó bosque, onde atopamos moitos elementos do outono. Despois aprendemos cousas sobre eles… e ata fixemos un museo de outono!

 
     
  
  
 
 

E… sorpresa! Un día apareceu na nosa aula unha cabaza: tocámola, vaciámola, debuxámoslle unha cara… e rodamos como na conto “Corre corre cabaciña”. Que ben o pasamos!

 
 
 
A profe Sonia
 
  

BENVIDOS Ó BLOGUE DE EDUCACIÓN INFANTIL

ABRIMOS ESTA VENTÁ ÁS AULAS DE INFANTIL

Estimadas familias:

Con esta primeira entrada queremos darvos a benvida ó blogue de Educación Infantil do Ceip Xoán de Requeixo. Nel publicaremos información de interese para as familias, notas e avisos, e tamén algunhas das actividades que facemos cos nenos/as nas aulas.

Estade atentos, que comenzamos en 3,2......

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut