Skip to Content

Benvida

BENVIDA

 

 

 

 

Benvido/a á páxina web do noso colexio:

 

Somos un dos dous centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Chantada, situado no corazón da Ribeira Sacra.

Xoán de Requeixo: Cantigas.

 

 

 

O nome deste centro educativo débese a un trobador nado, segundo recollen estudos sobre a súa obra, na parroquia chantadina de Santiago de Requeixo no século XIII.

 

 

Nos diferentes apartados desta páxina web vostede pode consultar información relevante do noso colexio que seguramente sexa do seu interese. Lembre que, de forma periódica, iranse actualizando as novas acontencidas ao longo deste curso, tanto a nivel administrativo como con actividades realizadas polos alumnos e profesores do centro.

 

A nosa prioridade, como comunidade educativa, é (tal e como recolle a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa -LOMCE-) desenvolver unha aprendizaxe dirixida a formar persoas autónomas, críticas e con pensamento propio.

 

 A educación dos nosos alumnos/as será o principal instrumento de mobilidade social, que axude a superar barreiras económicas e sociais e xere aspiracións e ambicións realizables para todos.

 

O obxectivo prioritario do noso centro é, a través da educación, facilitar o desenvolvemento persoal e a integración social do noso alumnado; así como a súa formación que, expresada tamén, a través de competencias, lles permita poder realizarse no medio sociofamiliar e escolar no que viven.

 

Hoxe 10 de setembro comeza un novo curso escolar, unha nova aventura cargada de ilusións e proxectos para os próximos meses, que nos proporcionarán, sen dúbida, moitas experiencias e aprendizaxes novas tanto ao alumnado como aos mestres.

 

 

 

Equipo docente do CEIP XOÁN DE REQUEIXO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut