Skip to Content

D. Orientación

#quedamosnacasa

Quero compartir convosco a última recomendación de actividade antes das vacacións. O día 2 abril é un día moi "especial", é o día mundial de concienciación sobre o autismo. Nese día ponse de manifesto a necesidade de contribuír á mellorar a calidade de vida das persoas con autismo. Todos os anos faise unha campaña, este ano o lema é "PODO ESTUDAR, PODO TRABALLAR".

 

 Como podemos apoiar a campaña?

1. Elixir unha ferramenta que represente unha das nosas habilidades. (A min represéntame un lapis xa que me gusta debuxar)

2. Realizar un debuxo de nós mesmos suxeitando esa ferramenta.

3. Escanear ou tirar unha foto ao debuxo. 

4. Enviar a orientacionxoanderequeixo@gmail.com

Unha vez recibidos todos os debuxos, realizarase unha exposición na páxina web do colexio. 

 

Convídovos a participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut