Skip to Content

Admisión de alumnado para o vindeiro curso 2021/2022

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 22 DE MARZO, PRÉGASE PIDAN CITA PREVIA PARA ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN

 

SOLICITUDE:

 

Impreso de solicitude cumprimentado e asinado debidamente (modelo ED550B) podes descargalo aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

  • Copia do DNI do alumnno/a ou copia do libro de familia, acreditativo da súa idade.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta.
  • 2 fotografías recentes, tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • No caso de padecer algunha enfermidade ou alerxia, é imnportante contar cunha certificación do pediatra que o acredite.
  • Fotocopia do boletín de vacinas.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

- A solicitude deberá ser asinada preferentemente polos dous titulares da patria potestade. Será preciso obligatoriamente a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestade lle fose atribuída a un deles exclusivamente).

NORMATIVA

 

O proceso de admisión do alumnado para o Curso 2021-2022 ven regulado na seguinte normativa:

 

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro de 2012), que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

ORDE do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

ORDE do 18 de decembro de 2020pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut