Skip to Content

Complementarias

Encontro cos torneiros en Xermade!

O pasado 20 de setembro tivo lugar o "XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira" no noso Concello, e como cada ano, asistimos á súa exposición para poder comprobar o fantástico traballo que estes artesáns son capaces de facer.

Trátase dunha iniciativa única na Península Ibérica que se celebra no Concello de Xermade dende hai 19 anos coa que se pretende recuperar do esquecemento un oficio tradicional en toda Galicia, documentar técnicas e coñecementos para trasladar á sociedade as súas orixes e o potencial artístico e creativo que ofrece. 

Celebramos o Samín no cole!!

Os pasados 29 e 30 de outubro celebramos no cole o Samín. Tivemos unha sesión de cine con pombiñas, coa película de Hotel Transylvania en inglés, taller de manualidades, pintacaras e un concurso de "Composicións de outono", no que os principais protagonistas foron a cabaza e a castaña. 

Aquí vos deixamos unha guía dos gañadores e gañadoras, sin antes esquecer a felicitación a tod@s polo voso traballo e a vosa imaxinación. Noraboa a todos os participantes!!

Distribuir contido


by Dr. Radut