Skip to Content

Proxecto Digicraft

CREAMOS ANIMACIÓNS EN 3D!

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe os maiores do cole traballaron a creación de animacións en 3D nas tablets para contar historias sinxelas que eles/as mesmos inventaron sobre temas sociais como a igualdade, os esteretipos, os problemas medioambientais...

 

 

 

 

#Innovacioneducativa #Digicraft #Tics #elearning

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BUSCANDO INFORMACIÓN EN INTERNET!

Para familiarizarnos co uso dos buscadores de información en internet, seleccionar e sintetizar a información máis adecuada e distinguir a información fiable da que non o é, hoxe elaboramos un rosco de “pasapalabra” co que pasamos un rato moi divertido!

 

 

 #Digicraft #ELearning #MobileLearning #Tics #Innovacioneducativa

APRENDEMOS A CREAR VIDEOXOGOS!

Os nenos e nenas do CEIP Virxe do Corpiño non mercan videoxogos! Directamente aprenden a crealos por si mesmos/as! #Digicraft #ELearning

 

REALIDADE AUMENTADA

Hoxe tivemos o noso primeiro contacto coa Realidade Aumentada na aula a través do debuxo e o traballo de vocabulario en soporte dixital! #Digicraft #ELearning #InnovacionEducativa

 

SELECCIONADOS PARA O DIGICRAFT!

 

Desde o minuto 0 traballamos por un Virxe do Corpiño que marque as diferenzas na educación en competencias dixitais. Hoxe demos un paso de xigante, xa que fomos seleccionados para participar no Proxecto “Digicraft”, impulsado por Vodafone España xunto coa Consellería de Educación.

Digicraft deixará aos nosos alumnos/as coa boca aberta e espertará de forma natural o seu interese pola tecnoloxía e o mundo dixital: traballaremos os contidos do currículo a través do deseño de videoxogos, escape room virtual, realidade aumentada, realidade virtual, creación dun avatar en 3 Dimensións…e moito máis.

Para o centro supón asimesmo unha dotación material moi importante: os nosos nenos/as terán á súa disposición 12 tablets e 2 maletas “Instant Dixital Skills” cargadas con novidosos materiais tecnolóxicos.

Nós seguimos traballando! O cole segue avanzando!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut