Skip to Content

Novas

FINAL DO CURSO 2019/2020

Coa finalidade de organizar da mellor maneira posible o peche do curso 2019/2020 e, dada a situación de alarma sanitaria que nos atinxe, establécense unha serie de prazos para diferentes procedementos:

 

RECOLLIDA DE MATERIAL

Lugar: Recibidor exterior do colexio

O restante material dos nenos/as que se atopa no centro (mandilóns, gorras, patíns, dicionarios, estoxos…) será preparado e colocado previamente polas mestras titoras co fin de minimizar o tempo de permanencia das familias nas instalacións do centro.

Ed. Infantil, 1º e 2º Primaria 3º e 4º de Primaria 5º e 6º de Primaria

Mércores 17 de xuño

  10:30-11:30

Xoves 18 de xuño  

10:30-11:30

Venres 19 de xuño

  10:30-11:30

 

RECOLLIDA DOS BOLETÍNS DE NOTAS

Lugar: Recibidor exterior do colexio.

Data: Venres 19 de xuño de 2020.

Horario: de 11:30 a 13:30.

 

Os sobres cos boletíns das notas estarán colocados nos bancos do recibidor exterior do centro, divididos por aulas.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS POR PARTE DO ALUMNADO USUARIO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS NO PRESENTE CURSO

 

Lugar: Recibidor exterior do colexio.

  • 3º e 4º de Primaria: luns 22 de xuño de 11:30 a 13:30
  • 5º e 6º de Primaria: martes 23 de xuño de 11:30 a 13:30

 

As familias devolverán os libros empaquetados nunha bolsa ou caixa co nome do alumno/a colocado nun lugar visible e os depositarán no lugar habilitado para tal fin no recibidor exterior do centro.

 

NORMAS COMÚNS

 

  • O acceso ao centro realizarase pola porta habitual, mais a saída terá lugar pola cancela do outro lado das escaleiras, fronte ao patio cuberto.

 

  • É obrigatorio desinfectar as mans con xel hidroalcólico ao acceder ao centro e facer uso de máscara protectora.

 

  • Non será necesario solicitar cita previa.

 

  • Se hai coincidencia de varias persoas no centro ao mesmo tempo, gardarase escrupulosamente a distancia de seguridade establecida en 2 metros.

 

  • Coa finalidade de evitar calquera tipo de aglomeración, só se permitirá o acceso ao centro dunha persoa por familia.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Desde hoxe está publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

 

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, máis na situación de Alerta Sanitaria por COVID-19, querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido provisionalmente.

 

 

INFORMACIÓN: AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

NOVAS INSTRUCCIÓNS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL DIDÁCTICO

Estimadas familias:

 

Como sabedes, desde o pasado luns día 11 de maio restableceuse a mobilidade da poboación dentro da nosa provincia. Por este motivo, e tamén para aliviar o gran esforzo feito polo concello para levar o material didáctico aos diferentes domicilios establécense unhas novas instruccións para o acceso ao material didáctico:

 

Desde o vindeiro martes día 19 de maio haberá dúas únicas opcións para o acceso ao material didáctico semanal enviado polos mestres/as:

 

1.     Descarga directa da páxina web do colexio.

 

Todos os luns subirase o material á paxina web do colexio como ata o de agora. Esta posibilidade implica ter que imprimir o material no domicilio e non ter que acudir ao centro presencialmente a recoller o material. Deberán asimesmo, seguir remitindo vía correo electrónico as actividades realizadas polos nenos/as para a súa revisión e corrección por parte dos mestres/as.

 

2.     Recollida presencial no colexio.

 

Aquelas familias que o desexen poderán recoller presencialmente o material didáctico cada semana baixo unha serie de premisas de obrigado cumprimento:

 

-     A recollida será individual. Acudirá presencialmente ao centro tan só un dos responsables do neno/a.

-     Para evitar aglomeracións, é necesario pedir cita previa xa desde o luns de cada semana, chamando ao teléfono do colexio: 982870089. Non se permitirá o acceso ás instalacións a ninguén sen cita previa.

-     A recepción de chamadas telefónicas e a recollida de material terá lugar no seguinte horario: de 10:30 a 13:30.

-       A recollida do material comezará o martes de cada semana. A cada familia se lle designará un día e unha hora concreta por estricto orde de chamada. Prégase máxima puntualidade.

-       É necesario acudir ao centro con mascarilla e luvas e desinfectar as mans ao chegar con xel hidroalcólico.

-     A recollida de material didáctico terá lugar no recibidor exterior do colexio. O material didáctico estará situado nos bancos co nome do neno/a na parte superior. O responsable deberá recoller o material e deixar no seu lugar as actividades da semana anterior realizadas polos nenos/as para a súa revisión e corrección por parte dos Mestres/as.

 

**NOTA: Para a recollida do resto de material que os nenos/as puideran ter no colexio (roupa, material deportivo, material escolar…) establecerase un prazo concreto que será notificado ás familias no seu debido momento.

 

Moitas gracias pola vosa colaboración.

 

O Director

REABERTO O PROCESO DE MATRICULACIÓN. CURSO 2020/2021.

Reábrese o proceso de admisión de novo alumnado de cara ao vindeiro curso 2020/2021.

 

  • Prazo de entrega de solicitudes: do 11 ao 18 de maio de 2020.

  • Horario de Atención ao Público: de luns a venres: 10:30 – 13:30

  • É obrigatorio solicitar cita previa no seguinte número de teléfono: 982870089

  • Non se atenderá a ninguén sen cita previa.

  • Rógase traigan impresa, cuberta e firmada a solicitude, así como fotocopiado o libro de familia.

 

MEDIDAS DE SEGURIDAD SANITARIA - COVID 19

 

  • Ao acceder ao centro recoméndase o uso de máscara protectora e luvas.

  • É obrigatorio o uso de xel hidroalcólico, que se facilita no recibidor do centro, ao acceder ao edificio principal.

  • O centro será desinfectado cada vez que unha persoa acceda ás instalacións.

 

ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2020/2021

CALENDARIO

Do 11 de maio

ao 18 de maio

 

Presentación de Solicitudes de Admisión

Modelo ED550B

8 de xuño

 

Publicación da Lista Provisional

Do 9 de xuño

ao 11 de xuño

 

Presentación de Reclamacións á Lista Provisional

26 de xuño

 

Publicación da Lista Definitiva

Do 1 de xullo

ao 10 de xullo

 

Formalización da Matrícula

 

MÉTODOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Papel

 

 

  • Libro de Familia ou DNI

Aplicación

Admisión Alumnado

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Sede Electrónica

Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

O Director

IMPORTANTE: AXUDA EXTRAORDINARIA COMEDOR ESCOLAR

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Porfesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.

 

RESUMO

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA POLO COVID-19

 

1. A QUÉ PERSOAS VAI DIRIXIDA?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e tamén do que por renda familiar resulta pagador de un euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

É dicir, a axuda vai dirixida a familias cuxos fillos/as son usuarios gratuitos do comedor escolar ou ben pagan 1€ polo servizo durante o presente curso escolar.

 

2. EN QUÉ CONSISTE A AXUDA?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, durante os días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

 

3. QUE CONTÍA SE VAI RECIBIR?

(2,50 €/día) no casos de alumnado con gratuidade total

(1,50 €/día) para o alumnado que paga 1€/día

 

4. QUE DÍAS CUBRE ESTA AXUDA?

Marzo: desde o día 16 ata o 31 de marzo: en total 11 días lectivos.

Abril: desde o día 1 ao 3 de abril: en total 3 días lectivos.

Prórroga: si se prolonga outros 15 días, cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)

 

5. CÓMO SE VAI A PAGAR?

En dous pagamentos.

1º pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).
2º pagamento: si se prorroga un terceiro período de alarma ata o 1 de maio.

 

6. PRAZO E PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

Prazo: dende o día 31 de marzo ao 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación: Exclusivamente de maneira electrónica a través do Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal) (Procedemento: ED601B)

Para iso é necesario ter certificado dixital, ou chave 365.

 

Exclusivamente no caso daquelas familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o director do centro colabore na formalización da solicitude.

Para iso deberán enviar un correo electrónico á dirección ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.es cos seguintes datos:

DNI do pai ou nai:

Pagamento: (gratuidade total ou abono de 1€)

Nome do alumno/a:

Nome do pai/nai:

Número de conta bancaria:

 

7. PUBLICÍTASE A RESOLUCIÓN COAS FAMILIAS BENEFICIADAS?

NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non serán expostos publicamente os datos das familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

 

8. CANTO TEMPO TARDA A CONSELLERÍA EN RESOLVER?

10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

9. CANTO TEMPO TARDA A CONSELLERÍA EN ABOAR O PAGAMENTO?

5 días dende que salga a resolución.

 

IMPORTANTE: INFORMACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias:

En virtude das instruccións recibidas por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, establécense as seguintes indicacións de cara á formalización da 2ª avaliación do presente curso 2019/2020:  

1. A efectos de dar continuidade ao calendario escolar, o claustro de mestres/as do CEIP Virxe do Corpiño procederá a formalizar na vindeira semana o peche da avaliación do segundo trimestre do presente curso académico 2019/2020. 

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, o peche da avaliación do segundo trimestre formalizarase co traballo desenvolvido ata o 13/03/2020, incluido.

3. Debido ao estado de alarma e a conseguinte situación de confinamento na que nos atopamos, non se poderán entregar os boletíns de notas presencialmente. En consecuencia, as notas serán publicadas a través da plataforma “Espazo Abalar” e da aplicación “Abalar Móvil”, descargable para móviles e tabletas con sistema IOS ou Android (dispoñible en Google Play e en AppStore) 

4. A publicación das notas terá lugar o vindeiro venres día 3 de abril de 2020.

Recibide un cordial saúdo.

O Director

 

MATRÍCULA ABERTA

Horario de Atención ao Público

Luns a venres: 10:30 – 14:30 e 16:00 – 17:00

ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2020/2021

CALENDARIO

Do 1 de marzo

ao 20 de marzo

 

Presentación de Solicitudes de Admisión

Modelo ED550B

24 de abril

 

Publicación da Lista Provisional

Do 27 de abril

ao 4 de maio

 

Presentación de Reclamacións á Lista Provisional

14 de maio

 

Publicación da Lista Definitiva

Do 20 de xuño

ao 30 de xuño

 

Formalización da Matrícula

 



MÉTODOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Papel

 

 

  • Libro de Familia ou DNI

Aplicación

Admisión Alumnado

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Sede Electrónica

Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Quen somos? Como traballamos? Que pretendemos? Como nos organizamos?... Queres coñecer o CEIP Virxe do Corpiño e o seu proxecto educativo?

Xoves 27 de Febreiro, 11:00 horas: Xornada de Portas Abertas! Agardámoste!

 
 
 
 

REFORMA INTEGRAL DA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Comezan as obras de reforma integral que se están a levar a cabo na aula de educación infantil, grazas ao investimento da Consellería de Educación, do Concello de Begonte, da empresa Finsa e do propio colexio. 

O prazo de execución é de 15 días aproximadamente. En breve os nosos pequerrechos poderán desfrutar dunha aula moito máis acolledora, moderna e funcional, en definitiva, a aula que merecen!

Distribuir contido


by Dr. Radut