Skip to Content

CONVOCATORIA REUNIÓN EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase á totalidade das familias do alumnado de Educación Primaria a unha reunión cos titores/as, que terá lugar o martes día 26 de setembro ás 16:00 horas.

A reunión dividirase en dúas partes:

-Primeiramente, haberá unha reunión colectiva coa totalidade das familias no comedor do centro, onde asistiremos a unha pequena charla formativa da man do psicólogo e formador da Garda Civil, Héctor Méndez.

-A continuación, terá lugar a reunión de cada titor/a coas familias do seu curso na aula correspondente.

No caso de que unha familia teña varios fillos/as en cursos distintos con distinto titor/a, os responsables dos nenos/as dividiranse nos distintos grupos. No caso de non ser posible, o titor/a brindará unha titoría individual posterior á reunión colectiva de ser necesario.



story | by Dr. Radut