Tras a aprobación por parte do Claustro, do Consello Escolar e o informe positivo do servizo de transporte escolar, queda por realizar o último trámite para o establecemento do horario en xornada única a partir do curso que vén: a votación por parte do sector de nais e pais.
A votación terá lugar o vindeiro luns día 27 de febreiro nos seguintes tramos horarios:
- 09:30 a 11:30 horas.
- 12:30 a 14:30 horas.
- 16:00 a 20:00 horas.
Só poderá votar un membro por familia.
A mesa electoral quedará constituida polo Director do centro xunto con dúas nais ou pais elixidos en sorteo público o venres día 24 de febreiro ás 09:30 horas na secretaría do centro.
Animamos a todos os pais e nais a participar na votación!