ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e familiares do alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño, que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan no despacho de secretaría do centro.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2022 (incluido).
Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
O DIRECTOR