Skip to Content

HORARIO DE DOBRE SESIÓN

Mañá xoves día 1 de outubro comezaremos a funcionar co horario de dobre sesión, do seguinte xeito:

09:30 - 13:30: Clases de mañá.

13:30 - 15:00: Comedor.

15:00 - 16:00: Clase de tarde.

Recordamos que, aínda que este é o horario oficial aprobado para o centro, debido á situación excepcional que nos atinxe, as entradas no entorno das 09:30 e as saídas no entorno das 16:00 seguirán realizándose segundo o establecido no Plan de Adaptación á situación Covid 19 do noso centro.

Os nenos/as que NON fan uso do servizo de comedor escolar serán recollidos na primeira cancela do peche do recinto (ao lado do patio cuberto) por un responsable ás seguintes horas:

4º Educación Infantil (3 anos): 13:15 horas.

5º - 6º de Educación Infantil (4 -5 anos): 13:20 horas.

1º-2º-3º de Educación Primaria: 13:25 horas.

4º-5º de Educación Primaria: 13:30 horas.

6º de Educación Primaria: 13:35 horas.

Estes nenos/as volverán a acceder ao colexio para a clase da tarde pola mesma porta ás 15:05 horas.



story | by Dr. Radut