Neste Blog recolleremos o traballos relacionados co Plurilingüismo e levados a cabo nas sesións de "Art".

LIBRARY

                                                                          

PINGÜI RADIO

RADIO NA BIBLIO

Bigartistsincarral

Recolleremos o traballo do alumnado de Lingua Estranxeira do cole.

PAPER SCULPTURES

October 2022

O pasado outubro experimentamos con creacións en 3-D facendo "paper sculptures". Imaxinamos, pensamos coas mans, cortamos papel, doblamos, demos diferentes formas ao papel, buscamos a maneira de facer que se sostivese en pe sobre o plano, combinamos formas e cores e despois describimos as nosas creacións. Houbo moitos "parks", "nature", "colours", e máis...

Inspirámonos un pouco na obra do artista Alexander calder, ao que nos aproximamos a través do libro "Meet the artist. Alexander Calder"

WELCOME, CAITLIN

October 2022

O pasado Outubro recibimos á nosa auxuliar de conversa dende Escocia, Caitlin. Antes de vir enviounos un puzzle coa súa foto. Empregándoo como inspiración fixemos retratos dela e con eles e co mural que resultou da nosa experimentación baseada en "Little blue and little yellow" montamos un cartel de benvida.

 

LITTLE BLUE AND LITTLE YELLOW

September 2022

Como artistas que somos, exploramos as cores. Para situarnos, coñecemos o conto "Little blue and little yellow", de Leo Leoni, da que vos deixemos unha animación a continuación.

A partir desta historia falamos dos PRIMARY COLOURS (RED, YELLOW, BLUE) and SECONDARY COLOURS. E experimentamos nós mesmos con "little dots of yellow" and "little dots of blue".

 

    

E aproveitamos a nosa experimentación coas cores para facer un mural que pronto vos ensinaremos.

BE BIG!

September, 2022

Comezamos a nosa andaina como colexio plurilingüe introducindo a Educación Plástica e Visual en inglés no 1º nivel de Ed. Primaria.

Descubrimos o conto "BE BIG", de Katie Kizer. E nel acompañamos a Beatrice no seu primeiro día de colexio en 1º de primaria.

Inspirados por ela e a súa valentía, fixemos uns autorretratos de nós mesmos en grande tamaño. Nós tamén nos sentimos "BIG", e así nos representamos:

 

 

PIPPI

Na aula de inglés, como parte do PDI do colexio “Os super recreos de Pingüi”  escollemos como inspiración a Pippi Longstocking (Pipi Mediaslongas), todo un exemplo do divertido  que é xogar e xogar…!

Fixemos diferentes actividades con Pippi como protagonista, entre elas, deseñamos diferentes traxes para Halloween/Samaín. Fixemos unha presentación das nosas personaxes e gravámolas. Recollemos algunhas no seguinte vídeo:

 

TEATRO EN INGLÉS

As nenas e nenos de 4ºA traballaron co conto Meg and Mog e decidimos preparar unha representación do mesmo utilizando o chroma.

Gravámolo e así quedou!

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS NAS CLASES DE INGLÉS

Polo día das escritoras, na aula de inglés, as nenas e nenos de 4º e 5º descubrimos á escritora inglesa “Julia Donaldson” autora do sonado libro “The Gruffalo” entre as máis  de 200 historias que ten escritas!

Coñecemos varios dos seus libros, sobre os que conversamos describindo as portadas, as personaxes…, e lendo despois. 

Para descubrir algo da súa vida traballamos cun ditado “á carreira” co que tiñamos que completar unha sinxela biografía e poñe,a en orde.

 

Feito isto, elaboramos un “lapbook” co que participamos na exposición polo Día das escritoras que se organizou dende a Biblioteca escolar”

 

 

 

Let's play!

Si queres practicar xogando, aquí tes unha páxina onde podes encontrar un montón de xogos. Escolle "topic" (tema) e logo o tipo de xogo que queres. As veces deixará qjue escollas tamén o nivel co que queres xogar. Como seguro que tes moita práctica nisto dos "xogos online", non creo que atopes problemas, pero si é así, pídeme axuda ao correo "carralenglish@gmail.com". O enlace que poño leva directamente a un xogo de números, pero podedes cambiar o tema no momento que queirades.

https://www.mes-games.com/numbers20.php

 

 

Last week!

Hello, families!

Three months! ...and here we are!

Durante estos días las únicas actividades que voy a proponer son actividades online y algún juego de repaso.

Recordad que aunque estrenemos "nueva normalidad" no hay que bajar la guardia. Wash your hands!

Have fun!

June!

A verdade é que nunca pensei que chegaría xuño e estariamos como estamos...

I miss you!