FESTA FIN DE CURSO
Para rematar o curso o alumnado disfrutou dunha xornada lúdica a cargo de colchonetas.
Desfrutade do veran e ata o novo curso!!!!
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Este curso chegou o seu fin e para rematalo tivemos a celebración dun pequeno festival onde cada curso preparou unha pequena actuación para todos os compañeiros e este ano tamén para os pais e nais.
Esperamos que vos gustase moito e que disfrutarades das actuacións. Moitas grazas a todos os pais e nais pola súa boa actuación durante todo o curso. Desexámosvos un feliz verán e ata setembro.
ACTIVIDADE FÍSICA E RELAXACIÓN A TRAVÉS DA DANZA
Dentro da ensinanza de técnicas de benestar emocional, para sobrelevar o posible estrés do alumnado producido durante todo o curso e como consecuencia da avaliación continua propuxose unha mistura de ensinanzas con técnicas de pilates, danza, xogos e relaxación.
Saída ás Fragas de Catasós
Os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, co Programa Turístico coñece o teu Concello (Concello de Lalín) realizaron unha viaxe ás Fragas de Catasós. Levaron a cabo xogos medioambientais a cargo de Eduvía cos que coñeceron o entorno e as especies e fauna que conviven nas Fragas
Saída Aquarium A Coruña e Torre de Hércules
Para rematar o curso levouse a cabo a saída ao Aquarium de A Coruña e a Torre de Hércules. O alumnado visitou as instalacións do Aquarium onde unha guía lles foi explicando cada unha das especies que habitan no mesmo. Tamén visitaron a Torre de Hércules, un punto estratéxico para avistar barcos, á cal puideron acceder ata o seu punto mais alto.
Saída Fin de Curso 5º e 6º de Educación Primaria
O alumnado de 5º e 6º curso levou a cabo unha saída ao Camping Os Fieitás, para deste xeito compartir unha xornada lúdica e de ensino entre todos. Levaron a cabo actividades na praia e na montaña, xa que unha das actividades consisteu na construcción de cabañas.
Tamén para despedir ao alumnado de 6º curso que para o curso que ven comezará unha nova etapa no Instituto.
Desexámosvos moita sorte neste novo comezo!!!!
Fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023
Orde de 29 de abril de 2022, (DOG do 18 de maio de 2022), recolle o procedemento polo que se levarán a cabo as solicitudes de axudas para libros e material escolar.
Prazo de presentación das solicitudes e devolución dos libros para incorporación ó fondo solidario será ata o 22 de xuño (este incluído).
Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).
ESCOLA DE FAMILIAS. A FAMILIA COMO MOTOR DE CAMBIO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 17 de Maio celebrase o Día das Letras Galegas,para conmemorar o autor ao que este ano se lle dedica o día,Florencio Delgado Gurriarán, dende o centro levaronse a cabo varias actividades relacionadas coas TICs para que o alumnado coñecese un pouco mais dito autor.
