Animación á lectura
23 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Mar, 21/04/2020 - 09:27ACHÉGASE O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DENDE A ASESORIA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICA PUBLICAN, COMO CADA ANO, UN DÍPTICO EN CONMEMORACIÓN DESTA DATA.
ESTE ANO É O ESCRITOR, XORNALISTA E DIVULGADOR DA CULTURA GALEGA, MANUEL GAGO, QUEN CREOU UN TEXTO ORIXINAL CEDIDO XENEROSAMENTE PARA ESTA PEQUENA PEZA DE DIFUSIÓN.
GALICIA LE
Enviado por Anónimo o Ven, 03/04/2020 - 09:04Bo día!
Espero que tod@s esteades ben e levedes esta situación da mellor maneira posible. Aproveitando que xa chegan as vacacións non quería deixar de facervos unha recomendación para que podades seguir a ler.
A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o público o seu catálogo dixital de libros e películas.
COMEZA A AVENTURA!
Benvidos ao novo curso da BIBLIOTECA ESCOLAR!
O pasado día 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas. Aproveitando esta data tan sinalada puxemos en marcha unha das nosas actividades favoritas "AS MOCHILAS VIAXEIRAS".
Esperamos que desfrutedes desta actividade e nos vaiades contando as vosas experiencias.
