Iniciar sesión: Acceso

Audición e Linguaxe

MÉRCORES 17 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe para traballar a atención propóñovos uns labirintos secretos moi faciliños. O único que tedes que facer é estar atentos e seguir as instrucións. Este material foi recollido da páxina web Orientación Andujar 

MARTES 16 DE XUÑO

Moi bo día!

Para hoxe propóñovos unha actividade de sopro que seguro vos vai gustar. Trátase dun dado. O único que tedes que facer é lanzar o dado e facer o que se vos indica, así de fácil e divertido. Este dado foi recollido do blog susanamaestradeal 

LUNS 15 DE XUÑO

Moi bo día!

Para comezar a semana propóñovos unha actividade para traballar a atención dos máis pequenos. É unha actividade moi sinxela, consiste en buscar siluetas iguales ao modelo dado. Este material foi recollido da páxina web Orientación Andujar 

VENRES 12 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe vamos traballar a atención e a memoria a través dun xogo clásico, o “Simón Dice”. Algúns de vós igual o tedes pola casa, senón déixovos por aquí unha aplicación que podedes empregar para xogar. Quero recordarvos que o uso de dispositivos electrónicos debe estar supervisado por un adulto.

XOVES 11 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe déixovos un vídeo dunha manualidade para que despois podades soprar, é un pouco máis difícil que outras veces pero aínda así espero que vos guste. 

https://drive.google.com/file/d/1QGbWT2a4_IEPBCywtNQciDdnrh2YsxiL/view?usp=sharing

MÉRCORES 10 DE XUÑO

Moi bo día!

Espero que esteades preparados para realizar a primeira actividade que vos presento hoxe. Consiste en debuxar simetrías. Tratase dun documento procedente da web Orientación Andujar, con varios niveis de dificultade. 

MARTES 9 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe propóñovos unha nova actividade para traballar o sopro. No arquivo adxunto hai unha explicación do xogo. 

https://drive.google.com/file/d/1Pzsr1gH2Cu6jiii50s1k5XLRJoA48f7U/view?usp=sharing

LUNS 8 DE XUÑO

Moi bo día!

Para comezar a semana propóñovos unha actividades moi interesante consistente en reproducir unha serie de figuras ou patróns que se vos presentan. Estas reproducións podédelas facer con calquera obxecto que teñades pola casa. 

https://drive.google.com/file/d/1TPkfMbZHkzUW5B5oGbCaEnBPI-ijm4eG/view?usp=sharing

VENRES 5 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe propóñovos que xoguedes a un memory para traballar a vosa atención e memoria. Para iso déixovos o enlace a unha aplicación.  Quero recordarvos que o uso de aplicacións e dispositivos electrónicos debe estar supervisada por un adulto.  Igual tedes algún xogo deste estilo na casa. Tamén podedes empregalos. 

XOVES 4 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe propóñovos tres actividades que veñen en formato vídeo. A primeira e para traballar o sopro, espero que vos guste a actividade. A segunda é un vídeo de praxias e a terceira consiste nun xogo de veo-veo no que se traballará o vocabulario e as categorías semánticas. 

https://www.youtube.com/watch?v=YqcEd3VU9hU 

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais