Escola de Nais e Pais (ENAPAS)

CARTA ÁS FAMILIAS

 

Escola de nais e pais (ENAPAS) 

CEIP VALLE-INCLÁN, Vigo, 2021/2022

Vigo, 28 de outubro de 2021

Prezadas familias:
Xa fai dous cursos puxemos en marcha unhas ENAPAS dentro do Plan Anual

de Formación do Profesorado do noso centro, nun marco de
convivencia
e inclusión
como pilares fundamentais na construción da mellor educación
posible. As Escolas de Nais e Pais están definidas na
Lei de Convivencia Escolar
(Lei 4/2011) como un espazo de diálogo, coñecemento e debate para a
comunidade educativa.

Esta enmarcada dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado
(PFPP) do noso centro:
Espazos que educan.

Co fin de permitir a formación integral de toda a comunidade educativa nestas liñas de traballo.
As
charlas irán sobre esa temática
, convivencia e educación principalmente, pero a maiores poderán
incluírse outras vinculadas con entidades, asociacións, ...

Aquí tendes unha enquisa anónima para que poidades suxerir temáticas,

relatoras e relatores, etc. Agradecemos deixedes o contacto das

persoas que propoñades.

ENLACE AO FORMULARIO

A colaboración entre o Centro e a ANPA é fundamental para o seu desenvolvemento, así como a
asistencia
e participación de todas as familias
.
Este curso, e debido a situación derivada da pandemia da COVID-19, as
CHARLAS
SERÁN VIRTUAIS, A TRAVÉS DA APLICACIÓN CISCO WEBEX.

Teremos unha
ao mes dentro da PFPP financiada polo CFR (centro de Formación e
Recursos de Vigo) e, a maiores, outras que poidan xurdir dende o propio Centro, da colaboración coa ANPA, de diferentes asociacións,
etc... Polo que pode ser que algúns meses teñamos máis.

Podedes inscribirvos a nosa
LISTA DE DIFUSIÓN.

Deste xeito recibiredes no voso enderezo electrónico toda a información relativa as charlas, datas, relatoras/es etc.


Para poder inscribirse habería que mandar un correo electrónico á seguinte dirección: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com.

A inscrición será necesaria para poder recibir o enlace a reunión en CISCO WEBEX de cada charla.

Así que vos animamos a que asistades as nosas ENAPAS, xa que entre todos

e todas poderemos construír un centro mellor.


Atentamente, o equipo das ENAPAS do CEIP Valle-Inclán.

 

 

ENAPAS: Que precisamos coñecer sobre o acoso escolar ou maltrato entre iguais?

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA que será o próximo luns 24 de MAIO de 17:30 a 19:30.

Correrá a cargo de María de los Ángeles Gómez González, mestra e pedagoga especializada no acompañamento socioemocional das familias e coordinadora do Programa TEI da comunidade galega.

Nela abordaremos aspectos básicos para a prevención do acoso escolar ou maltrato entre iguais. 

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

ENAPAS: ACOMPAÑAR O POTENCIAL DOS NENOS E NENAS

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA que será o próximo luns 12 de ABRIL de 17:30 a 19:30.

 

Correrá a cargo de Natalia Guedella Sebastián, Psicóloga Educativa e Perinatal G-5137, formada en EMDR e Terapia Familiar.

 

Nela aboraderemos como “Acompañar ao potencial dos nenos e nenas”. Para elo centrarase en catro puntos:

1. Cerebro racional e cerebro emocional: cal é mellor?

2. Neurodesenvolvemento e aprendizaxe.

3. Intelixencias múltiples: acompañar e potenciar.

4. Nenos e nenas diferentes: necesidades diferentes.

 

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

 

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

 

 

 

 

 

ENAPAS: Como acompañar as primeiras manifestacións artísticas dos peques

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA que será o próximo luns 15 de MARZO de 16:30 a 18:30.

 

Correrá a cargo de Ariane Góes, graduada en belas artes e creadora do Proxecto "Cera de Colores". 

 

Nela tratará de achegar ás familias unha pequena explicación sobre como podemos acompañar as primeiras manifestacións artísticas dos nenos e das nenas dun xeito respectuoso. 

 

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

 

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

 

ENAPAS: Especialistas de atención a diversidade

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA deste curso, que será o próximo martes 9 de FEBREIRO de 17:30 a 18:30.

 

Esta correrá a cargo das mestras especialistas da atención á diversidade do noso centro:  Isabel Vázquez e Beatriz Vila, mestras de pedagoxía terapéutica; Ana Garín, mestra especialista de audición e linguaxe e Mª Purificación Fernández, orientadora.

 

Nela tratarán de achegar ás familias unha pequena explicación sobre que é un DO: compoñentes, funcións, etc. e de que xeito apoian a labor do centro para alcanzar uns obxectivos comúns.

 

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso ao seguinte correo: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

ENAPAS: Acompañamento emocional da crianza intensa en familia

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA deste curso que será o próximo LUNS 25 de XANEIRO de 17:30 a 19:30 e correrá a cargo de Xoana Pintos Castro educadora social, experta en intelixencia emocional e mediadora familiar con ampla experiencia na xestión do conflito e formadora de habilidades sociais.

 

Nela expoñeranos como acompañar ás nosas crianzas cando amosan comportamentos intensos, desafiantes e/ou explosivos sen perder a calma no entorno familiar. 

Trátase dunha charla na que se aportarán ferramentas para afrontar situacións tensas e realizaremos varios exercicios prácticos polo que é convinte ter material para escribir, xa sexa lapis e papel como algún procesador de textos.  

 

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

 

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso ao seguinte correo: 

 

enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

 

 

 

 

 

ENAPAS: Resolución creativa de conflitos: educando en positivo

 

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA deste curso que será o próximo LUNS 21 de DECEMBRO de 17:30 a 19:30 e correrá a cargo de Paula Suárez, pedagoga especializada en intervención social que nos falará de como abordar a xestión de conflitos na casa.

O fin da formación é favorecer á reflexión en torno aos diferentes estilos educativos, establecer o cambio cara a unha educación en positivo, e dotar ás familias de ferramentas e habilidades que melloren os procesos educativos eliminando e reducindo os niveis de estrés, confusión e conflito... Unha nova visión na relación con nosos/as fillos/as.

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso ao seguinte correo: 

enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

 

ENAPAS: Natureza como espazo de xogo no patio

 

Comezamos as ENAPAS do curso 2020/2021 o vindeiro LUNS 23 DE NOVEMBRO DE 17:30 A 19:30, a través da aplicación CISCO WEBEX.

 

A cargo de Araceli Abalde Fernández, enxeñeira forestal e paisaxista e Mar Penela López, arquitecta e profesora especializada no acompañamento de procesos de transformación e renaturalización dos espazos educativos.

 

Xuntas explicarán a importancia da NATUREZA COMO ESPAZO DE XOGO NO PATIO. Tamén explicarán o porqué e o como do proxecto de modificación do noso patio.

Inscricións en enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

 

 

 

ENAPAS Curso 2020/21

Prezadas familias: 

O pasado curso puxemos en marcha unhas ENAPAS dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado do noso centro, nun marco de convivencia e inclusión como pilares fundamentais na construción da mellor educación posible. As Escolas de Nais e Pais están definidas na Lei de Convivencia Escolar (Lei 4/2011) como un espazo de diálogo, coñecemento e debate para a comunidade educativa. 

Esta enmarcada dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) do noso centro: Espazos que educan. Co fin de permitir a formación integral de toda a comunidade educativa nestas liñas de traballo. As charlas irán sobre esa temática, convivencia e educación principalmente, pero a maiores poderán incluírse outras vinculadas con entidades, asociacións, ... No seguinte enlace hai unha enquisa anónima para que poidades suxerir temáticas, relatoras e relatores, etc.  

https://forms.gle/kPGm7G4ZgH9d34JB7

A colaboración entre o Centro e a ANPA é fundamental para o seu desenvolvemento, así como a asistencia e participación de todas as familias. Este curso, e debido a situación derivada da pandemia da COVID-19, as CHARLAS SERÁN VIRTUAIS, A TRAVÉS DA APLICACIÓN CISCO WEBEX.

Teremos unha ao mes dentro da PFPP financiada polo CFR (centro de Formación e Recursos de Vigo) e, a maiores, outras que poidan xurdir dende o propio Centro, da colaboración coa ANPA, de diferentes asociacións, etc... Polo que pode ser que algúns meses teñamos máis.

Podedes inscribirvos a nosa LISTA DE DIFUSIÓN. Deste xeito recibiredes no voso enderezo electrónico toda a información relativa as charlas, datas, relatoras/es etc. Para poder inscribirse habería que mandar un correo electrónico á seguinte dirección: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com. A inscrición será necesaria para poder recibir o enlace a reunión en CISCO WEBEX de cada charla. 

Así que vos animamos a que asistades as nosas ENAPAS, xa que entre todos e todas poderemos construír un centro mellor. 

 

Atentamente, o equipo das ENAPAS do CEIP Valle-Inclán.

 

ENAPAS: Disciplina positiva

A seguinte das nosas ENAPAS será o próximo luns 9 de marzo de 17:30 a 19:30. Esta correrá a cargo de Elena Fernández Serrano, orientadora e educadora certificada en Disciplina Positiva.
 
Seguiremos contando con servizo de ludoteca a cargo da empresa En Pé. O custo da mesma será de 4€. Precisamos inscrición para poder organizar o espazo que necesitamos.
 
Distribuir contido