Escola de Nais e Pais (ENAPAS)

ENAPAS

Enviado por admin o Mar, 18/01/2022 - 09:37

Bos días!
Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA.
Será o próximo luns 17 de xaneiro de 2022, de 17:30 a 19:30.
Correrá a cargo de Lidia Folgar, Dietista-nutricionista especializada en psiconutrición e nutrición pediátrica con 15 anos de experiencia.
Fundadora e directora do centro de nutrición e autocoidado interdisciplinar Lidia Folgar en Pontevedra e online.
Autora dos libros “Aprender a comer solo”, “La salud en tu plato” e coautora do libro solidario “Los peques a la mesa”.
Redactora habitual de artigos de nutrición na web de Antena 3, colaboradora habitual do programa A Revista da Televisión de Galicia, docente de cursos de formación para nutricionistas e para a poboación xeral e divulgadora en redes sociais.

Nela trataremos aspectos básicos sobre:
•        A repercusión entre alimentación infantil e saúde futura.
•        A etapa da alimentación selectiva tamén coñecida como neofobias e como xestionala.
•        Debemos preocuparnos cando non comen?
•        Crenzas limitantes por parte das familias.
•        Principais erros que se cometen nos almorzos e merendas.
•        Alternativas e pautas de alimentación saudable

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.
Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

E sen máis despedímonos agardando vervos o luns día 17.

Agradecemos difusión.

CARTA ÁS FAMILIAS

Enviado por admin o Sáb, 30/10/2021 - 05:59

 

Escola de nais e pais (ENAPAS) 

CEIP VALLE-INCLÁN, Vigo, 2021/2022

Vigo, 28 de outubro de 2021

Prezadas familias:
Xa fai dous cursos puxemos en marcha unhas ENAPAS dentro do Plan Anual

de Formación do Profesorado do noso centro, nun marco de
convivencia
e inclusión
como pilares fundamentais na construción da mellor educación
posible. As Escolas de Nais e Pais están definidas na
Lei de Convivencia Escolar
(Lei 4/2011) como un espazo de diálogo, coñecemento e debate para a
comunidade educativa.

Esta enmarcada dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado
(PFPP) do noso centro:
Espazos que educan.

Co fin de permitir a formación integral de toda a comunidade educativa nestas liñas de traballo.
As
charlas irán sobre esa temática
, convivencia e educación principalmente, pero a maiores poderán
incluírse outras vinculadas con entidades, asociacións, ...

Aquí tendes unha enquisa anónima para que poidades suxerir temáticas,

relatoras e relatores, etc. Agradecemos deixedes o contacto das

persoas que propoñades.

ENLACE AO FORMULARIO

A colaboración entre o Centro e a ANPA é fundamental para o seu desenvolvemento, así como a
asistencia
e participación de todas as familias
.
Este curso, e debido a situación derivada da pandemia da COVID-19, as
CHARLAS
SERÁN VIRTUAIS, A TRAVÉS DA APLICACIÓN CISCO WEBEX.

Teremos unha
ao mes dentro da PFPP financiada polo CFR (centro de Formación e
Recursos de Vigo) e, a maiores, outras que poidan xurdir dende o propio Centro, da colaboración coa ANPA, de diferentes asociacións,
etc... Polo que pode ser que algúns meses teñamos máis.

Podedes inscribirvos a nosa
LISTA DE DIFUSIÓN.

Deste xeito recibiredes no voso enderezo electrónico toda a información relativa as charlas, datas, relatoras/es etc.


Para poder inscribirse habería que mandar un correo electrónico á seguinte dirección: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com.

A inscrición será necesaria para poder recibir o enlace a reunión en CISCO WEBEX de cada charla.

Así que vos animamos a que asistades as nosas ENAPAS, xa que entre todos

e todas poderemos construír un centro mellor.


Atentamente, o equipo das ENAPAS do CEIP Valle-Inclán.

 

 

ENAPAS: Especialistas de atención a diversidade

Enviado por admin o Ven, 05/02/2021 - 16:17

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA deste curso, que será o próximo martes 9 de FEBREIRO de 17:30 a 18:30.

 

Esta correrá a cargo das mestras especialistas da atención á diversidade do noso centro:  Isabel Vázquez e Beatriz Vila, mestras de pedagoxía terapéutica; Ana Garín, mestra especialista de audición e linguaxe e Mª Purificación Fernández, orientadora.

 

Nela tratarán de achegar ás familias unha pequena explicación sobre que é un DO: compoñentes, funcións, etc. e de que xeito apoian a labor do centro para alcanzar uns obxectivos comúns.

 

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso ao seguinte correo: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

Distribuir contido