Secretaría

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR E PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e

Formación Profesional, xa comezou o proceso de renovación dalgunhas persoas do

Consello Escolar.

Lembrade que as votacións son o día 23 de novembro.

Importante ver os arquivos adxuntos.

 

Adxuntamos a Convocatoria de eleccións, o Censo de responsables, Relacións de presentación de candidaturas e Elección de representantes de nais.

Libros de Texto 2021-22

1º & 2º de E.P.

3º de E.P.

4º de E.P.
5º & 6º de E.P. Programa de ensino dixital E-dixgal

 

 

 

Axudas municipais (concello)comedor, libros de texto, material escolar. Curso 2021-22

Bos días,

 

Achegamos a información que nos remiten dende o Concello sobre  as Axudas Municipais Escolares- Curso 2021-2022

 

O prazo de presentación de solicitudes será  do 10 de xuño ao 07 de xullo (ambos incluidos).

 

As solicitudes presentaránse a través da carpeta cidadán do concello de Vigo ou presencialmente mediante cita previa.

 

Poderáse pedir cita a partir do luns día 7 de xuño

As axudas de libros e material escolar o proximo curso pasan de 85€ a 100€/ alumno. Estas axudas son para alumnas/os de Educación Infantil

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/22

Formalización de Matrícula para todo/as o/as alumno/as admitidos

O prazo de formalización é entre o 20 e o 30 de xuño

 

A documentación a presentar é a seguinte:

  • 2 fotografías tamaño carné
  • Cartilla de vacinacións
  • Tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do DNI do alumno/a (no caso de ter DNI)
  • Libro de Familia

 

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

Aberto o prazo para solicitar as axudas para libros e material para o vindeiro curso 2021/22. Premendo na imaxe poderedes obter toda a información.

Oferta de vacantes para o curso 2018/2019

Para poder consultar as vacantes do noso centro facer:

  • clic sobre 1 adxunto
  • clic sobre adxunto chamado vacantes.

Libros de texto para o curso 2016/17

Os únicos libros que é necesario comprar de 3º a 6º de primaria aparecen en letra grosa (en negrita). O resto forman parte do fondo solidario.

Distribuir contido