Secretaría

RESERVA DE PRAZA IES RICARDO MELLA

Enviado por admin o Lun, 04/09/2023 - 11:39

 

 

Prezadas familias:

 

O 15 de xaneiro ábrese o prazo para a reserva de praza no centro adscrito: IES RICARDO MELLA.

 

PRAZO: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, ambos incluídos.

 

PUBLICACIÓN DAS RESERVAS ADMITIDAS: antes do 28 de febreiro.

 

DOCUMENTACIÓN: ANEXO IModelo ED550A (Dispoñible tamén na web da Xunta Admisión de Alumnado)

 

MODOS DE PRESENTACIÓN:

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

  • Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

  • Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. IMPORTANTE: Deberá achegar tamén o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR).

 

HORARIO DE SECRETARÍA (previa cita):

  • LUNS: 9:00h – 9:45h

  • MARTES: 13:15h – 14:00h

  • XOVES: 11:30h – 12:00h

  • VENRES: 12:50h – 13:10h

( categories: )

LISTAXES DEFINITIVAS AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Enviado por admin o Lun, 24/07/2023 - 05:27

Xa está dispoñible a listaxe definitiva de admitidos e excluídos para o Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de Primaria así como as axudas para material escolar destinadas ao alumnado de Primaria.

  • Os resultados do Fondo Solidario de Libros de Texto podedes consultalos na aplicación FondoLibros ou no tabloreiro interno do centro. Lembrade que en agosto o centro permanecerá pechado por vacacións.

 

  • As listaxes dos vales para material non se publican no taboleiro por Protección de Datos de carácter persoal. Podedes consultalas chamando ou enviando correo ao centro.

 

  • Os VALES poderedes recollelos EN SECRETARÍA en SETEMBRO. Mandarase un Abalar cos días e horarios de secretaría.

 

  • Os LIBROS de fondo solidario (o libro de inglés), no caso de que a persoa nomemada en setembro para inglés decida utilizalos, recolleránse unha vez comece o curso.
( categories: )

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA INFANTIL E PRIMARIA CURSO 2023/24

Enviado por admin o Mér, 21/06/2023 - 06:27

Prazo: do 20 ao 30 de xuño

Horario de secretaría: desde o 23 ao 30 de xuño será de 9:00h a 11:00h.

Documentación a entregar presencialmente no centro:

  • Formulario de formalización de INFANTIL ou PRIMARIA (descargar aquí ou solicitar no centro)
  • 2 fotos carné
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Fotocopia DNI pai e nai e do libro de familia, se non se entregou no período de admisión

 

( categories: )
Distribuir contido