Calendario escolar curso 21 - 22
Enviado por admin o Sáb, 25/09/2021 - 09:12Achegámosvos o calendario escolar publicado pola Consellería para o presente curso.
Comezo da actividade lectiva: Xoves, 9 de setembro
Último día de clases: Mércores, 22 de xuño
Ademáis lembrámosvos as seguintes datas e períodos non lectivos do curso:
11/10: Día do Ensino
15/10: Festivo local
06/12: Constitución
08/12: Inmaculada Concepción
22/12 - 07/01: Vacacións de Nadal (ambos incluidos)
28 de febreiro, 1 e 2 de marzo: Entroido
11/03 - 18/04: Semana Santa (ambos inclusive)
17/05: Día das Letras Galegas
06/06: Luns de Pentecostés (Festivo local)
Avaliacións. Entrega de boletíns de cualificacións:
1ª avaliación: 21/12
2ª avaliación: 18/03
3ª avaliación: 22/06
IMPORTANTE. Reunión coas familias de Educación Primaria. Curso 21 - 22
Enviado por admin o Mér, 08/09/2021 - 15:19As familias do alumnado de Educación Primaria recibistes unha mensaxe Abalar pola que quedades convocadas para unha reunión informativa o vindeiro Xoves día 9 de setembro ás 09.30 h.
A reunión terá lugar no patio e só se permitirá o acceso dun familiar por alumno ou alumna. Lembrámosvos a obrigatoriedade de asistir con máscara.
Para todos aqueles que aínda non teñan a aplicación instalada, podedes acceder á súa descarga no enlace á marxe.
Enquisa de autoavaliación clínica da Covid-19
Enviado por admin o Lun, 06/09/2021 - 12:18Deixamos á vosa disposición a Enquisa de autoavaliación clínica da Covid-19 incluida dentro do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros educativos para o curso 21 - 22.
Esta enquisa pretende ser útil para que a comunidade educativa poida identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus. De presentar calquera destes síntomas solicite consulta no seu/súa medico/a ou pediatra.
Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022
Enviado por admin o Lun, 06/09/2021 - 12:05No seguinte enlace podedes consultar a nova documentación publicada pola Consellería de Educación en relación á Covid 19 nos centros educativos.
En arquivos adxuntos podedes acceder directamente á nova versión do protocolo con data do 1 de setembro.
IMPORTANTE. Reunión coas familias de Educación Infanitl. Curso 21 - 22
Enviado por admin o Sáb, 04/09/2021 - 00:10
As familias do alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos), quedades convocadas para unha reunión informativa o vindeiro Martes día 7 de setembro ás 11.00 h.
A reunión terá lugar no patio de Infantil e só se permitirá o acceso dun familiar por alumno ou alumna. Lembrámosvos a obrigatoriedade de asistir con máscara.
Recibiredes a convocatoria a través de AbalarMóbil.
Para todos aqueles que aínda non teñan a aplicación instalada, podedes acceder á súa descarga no enlace á marxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »