AbalarMobil

Dende o centro lembramos ás familias a existencia da ferramenta AbarMóbil como un recurso que nos ofrece a Consellería para as diferentes comunicacións do profesorado coas familias, (mensaxería, publicación de cualificacións, avisos, etcétera). AbalarMóbil será a ferramenta de uso prioritario por parte do claustro.

Na marxe dereita dispoñedes do enlace correspondente.

Neste enlace (nos arquivos adxuntos), atoparedes a Guía para as familias da devandita aplicación.

 

 

 

Resultado de imagen de no olvidar

  

 

Boas vacacións

Calendario escolar. Curso 24 - 25

No arquivo adxunto tedes á vosa disposición o calendario escolar para o vindeiro curso 24 - 25.

 

 Comezo da actividade lectiva: Mércores, 11 de setembro 

 Último día de clases: Venres, 20 de xuño

 Ademáis lembrámosvos as seguintes datas e períodos non lectivos do curso:

          

15/10: Santa Teresa - Festivo local (martes)

31/10: Día do Ensino (xoves)

01/11: Todos os Santos (venres)

06/12: Constitución (venres)

23/12 - 07/01: Vacacións de Nadal (ambos incluídos)

3, 4 e 5/03: Entroido

14/04 - 21/04: Semana Santa (ambos inclusive)

01/05: Día do Traballo - (xoves)

09/06: Luns de Pentecostés - Festivo local

 

 Avaliacións. Entrega de notas a través da aplicación ABALAR:

 

1ª avaliación: 20/12

2ª avaliación: 21/03

3ª avaliación:  25/06

 

 Resultado de imagen de calendario

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, CURSO 24/25

PUBLICADA A ORDE QUE REGULA O FONDO SOLIDARIO PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO. CURSO 24/25

Prazo presentación: 21 maio ata 21 xuño 2024, este incluído.

Normativa: ORDE 7 maio de 2024 (DOGA 20 de maio 2024)

Aplicación informática: www.edu.xunta.gal/fondolibros

Procedemento administrativo: ED330B

Opcións presentación:

  • Electrónica: as solicitudes deberán presentarse preferiblemente por sede electrónica. Necesitará, CHAVE 365, Certificado Dixital ou DNI electrónico. IMPORTANTE nesta presentación deberá facer unha solicitude individual por cada fillo/a.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra a solicitude na aplicación, imprima e preséntea no centro educativo debidamente asinada.
  • Presencial manual: cubra a solicitude e preséntea no centro educativo asinada. Neste caso a solicitude será única para todos os irmáns.

Beneficiarios:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primario e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
  • Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de E.Primario e en Ed. Especial.
  • Axudas para material escolar: alumnado matriculado en E.Primario, E.S.O e E.Especial.

 

 

 

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23/24

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23/24

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso terá lugar a realización dunha Avaliación de Diagnóstico para o alumnado de 4º E.P. e 2º E.S.O.

No caso de Galicia serán os próximos días 10 e 11 de abril de 2024.

Para máis información:

 

Distribuir contido