Eleccións ao Consello Escolar

Tal e como vos anunciamos a través de ABALAR, permanece aberto o prazo de presentación de candidaturas para a representación do sector das Familias.

Adxunto tedes o arquivo á vosa disposición. Podedes imprimilo e envialo ao centro ou ben achegarvos e cubrir unha copia no cole.

Esperamos as vosas candidaturas, o Consello Escolar é o órgano onde toda a comunidade educativa ten representación.

 

 Información importante y horario primeros días de septiembre – IES Juan  Ramón Jiménez

 

Eleccións ao Consello Escolar. Sorteo para a designación de membros da Xunta Electoral

Tal e como vos anunciamos a través de ABALAR, nuns días celebraremos eleccións para a renovación de membros do Consello Escolar.

A primeira parte do procedemento consiste na celebración dun sorteo público que terá lugar hoxe xoves, 4 de novembro, ás 14.30 h na entrada principal.

Poderá asistir todo aquel que esté interesado. Deste sorteo sairán os membros que constituirán a Xunta Electoral tanto por parte do profesorado, como por parte dos titores legais do alumnado.

 

 

 

Información importante y horario primeros días de septiembre – IES Juan  Ramón Jiménez

 

Charla - Obradoiro sobre Disciplina Positiva

Dende o centro queremos convidar ás familias a unha charla - coloquio impartida pola nosa orientadora Carla.

No cartel tedes a información precisa.

Por favor, confírmade a vosa asistencia a través de Abalar (na mensaxe), ou no correo do centro ceip.valeixe@edu.xunta.gal 

 

 

 

Impresionantes cabazas decoradas 2021

  

Ideas para una súper fiesta de Halloween con niños... - Carminitta

 

Xa temos Instagram

Pois como todo chega antes ou despois... xa temos conta de Instagram!

 

Aproveitarémola para facer publicacións das cousiñas que vaiamos facendo no cole. Esperámosvos.

 

https://www.instagram.com/valeixeencolores/

 

   

 Instagram Símbolo Logo - Imagen gratis en Pixabay

 

 

 

Distribuir contido