Listaxe de libros para o vindeiro curso escolar 22-23

No seguinte arquivo adxunto podedes atopar a listaxe de libros correspondente ao vindeiro curso 22-23.

 

A LISTAXE DE MATERIAL DE AULA, será facilitada a principio de curso.

 

   

Ilustración de icono de dibujos animados de concepto de notas con papel y  lápiz | Vector Premium

 

Listaxe provisional Fondo de Libros e Axudas

Tedes á vosa disposición as listaxes correspondentes ao Fondo de Libros e Axudas de Material e Libros correspondentes ao vindeiro curso 22-23.

Podedes facer as reclamacións oportunas nos dous vindeiros días hábiles.

Recibistes unha mensaxe ABALAR coa mesma información.

 

As familias beneficiarias poden pasar a recoller os vales no seguinte horario:

     - Mércores 29: de 9.30 h a 10.30 h

     - Xoves 30: de 10 h a 13.30 h

 

Para calquer consulta, podedes enviar un correo electrónico a ceip.valeixe@edu.xunta.gal.

 

 Actividades Educación Infantil

 

Blogue da biblioteca

Poñemos no voso coñecemento a andanza dun novo espazo relacionado co centro: o blogue da Biblioteca. Ao longo deste curso estivemos a traballar "en silencio" na transformación da nosa biblioteca escolar e queremos convidarvos a que presenciedes e colaboredes nesta evolución. Podedes visitarnos en https://bibliocoledevaleixe.blogspot.com/

 

   

 

   

 

Excursión Fin de Curso - Xuño 22

Non queremos rematar outro curso sen excursión, polo que está programada unha saída con todo o alumnado para o vindeiro luns 20 de xuño.

No arquivo adxunto tedes toda a informacion. Se tedes algunha dúbida, podedes consultarnos.

 

   

Autobus escolar de disney en Escolares - GIF Animado | REYGIF

 

Axuda fondo de libros curso 22 - 23

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/23.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro día 22 de xuño.

As solicitudes poderán presentarse empregando a aplicación informática fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben presencialmente nos propios centros docentes.

Recibiredes polo alumnado o formulario da solicitude: ED330B (Anexos I e II) e tamén o tedes á vosa disposición no arquivo adxunto desta publicación.

 Tamén tedes á vosa disposición no arquivo adxunto a listaxe da documentación precisa para a tramitación da axuda.

 

 

Resultado de imagen de no olvidar

 

 

Distribuir contido