CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Un ano máis temos no cole o concurso de postais de Nadal, O prazo para a súa presentación é ata o martes 15 de decmbro de 2015.

BASES:

Recoméndase a súa presentación en cartulina ou folio tamaño A4.

Pódese empregar calquera técnica.

Valorarase a orixinalidade e mailo esforzo na presentación.

O nome e curso dos participantes poñerase no dorso.

 

 ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE

ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA ESCOLAR

ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA ESCOLAR

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvaleixe/system/files/u2/CONVIVENCIA.png

 

ENLACE AO PORTAL EDUCATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AVALIACIÓN 3º EP

Comunicámosvos que os vindeiros 27 e 28 de maio levarase a cabo a avaliación de competencias para o 3º curso, estipulada na nova lei de educación.

 

As profes do cole

Somos un centro de 3 unidades mixtas.

O profesorado queda repartido do seguinte xeito:

 DIRECCIÓN

Fátima García Rodríguez

 

 TITORÍAS

Educación Infantil: Rocío Fernández Blanco

Grupo de 1º, 2º e 3º de Primaria: Sabela González González

Grupo de 4º, 5º e 6º de Primaria: María José López Alonso

 

 ESPECIALISTAS

Educación Infantil: Rocío Fernández Blanco

Educación Física: Sabela González González

Lingua estranxeira (Inglés): María José López Alonso

Educación Artística: Fátima García Rodríguez

Relixión: Francisco Ojosnegros Domínguez

Pedagoxía Terapéutica: Matilde Villanueva Mosquera (compartida co CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro - Crecente -)

Audición e Linguaxe: María Alonso Castro (compartida co CEIP Antonio Blanco Rodríguez - Covelo -)

 

 ORIENTACIÓN

 Cristina Reigosa Fernández - (compartida co CEIP de A Cañiza - A Cañiza -).

 

  

  Resultado de imagen de alumno

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO 2015-2016

 NORMATIVA APLICABLE

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro de 2012 (DOGA 26-12-12)

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOGA 15-03-13)

Para descargar en formato PDF e imprimir os anexos prema aquí

- Admisión do alumnado Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.

 

 PRAZOS DE SOLICITUDE 

Do 01 de marzo ao 23 de marzo (ambos inclusive).

 

 IMPRESOS 

Recóllense e entréganse na Secretaría do centro.

 

 DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE

 

  1. Copia do D.N.I. do neno/a (se o ten) e copia do Libro de Familia
  2. Certificado de empadroamento da unidade familiar (non sirve o volante).
  3. Documentación xustificativa doutros criterios de baremo, se é o caso (Familia numerosa, monoparental, minusvalías...)

 

 RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Data límite: 24 DE ABRIL

 

 PERÍODO RECLAMACIÓNS

5 DÍAS HÁBILES do (25 de abril ao 5 de maio)

  

 RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Data límite: 14 DE MAIO

 

 MATRÍCULA

DO 20 AO 30 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE)

 

¡¡¡MOI IMPORTANTE!!!

Cada solicitante presentará unha única solicitude, na que incluirá unha relación por orde de preferencia de todos os centros nos que solicita praza. No caso de presentar máis dunha solicitude, NON se terá en conta ningunha delas, procedéndose a súa escolarización ao final do proceso.

As familias que desexen escolarizar a varios fillos nun mesmo Centro ao que accedan por 1ª vez, manifesten na solicitude se optan ou non polo agrupamento dos fillos.

 

Distribuir contido