BENVIDA

 

Benvidas e benvidos á páxina web do CEIP Torre Illa !

Aquí podedes acceder a toda a información que precisedes do noso colexio.

Grazas por visitarnos !!!

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

PRAZO: Entre o 21 de maio e o 21 de xuño de 2024.

PROCEDEMENTO: Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

A solicitude será única para todos os fillos e fillas que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25. No caso de presentación electrónica presentarase unha por cada beneficiario. Presentaranse preferiblemente por vía electrónica utilizando o formulario dispoñible tanto na sede electrónica coma na aplicación FONDOLIBROS.

Así mesmo, tamén poderase presentar na secretaría do CEIP Torre Illa, ou en calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

DOCUMENTACIÓN: As persoas interesadas deberán achegar coa SOLICITUDE (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

APERTURA PRAZO SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR

DATA: do 20 ao 31 de Maio

Solicitudes: premendo aquí

Lugar de entrega: no colexio

 As solicitudes do alumnado que queira facer uso por primeira vez deste servizo deberán acompañarse dun certificado de empadroamento. Os usuarios que xa están facendo uso este curso do transporte escolar deberán renovar na secretaría do colexio a solicitude presentando o impreso correspondente:

Usuario lexítimo: Co domicilio a máis de 2 km do centro.

Usuario excepcional: Co domicilio a menos de 2 km do colexio e a máis de 500m.

 

APERTURA PRAZO CAMBIO RELIXIÓN/PROXECTO COMPETENCIAL

DATA: do 20 ao 31 de Maio

Solicitudes: solicitar no colexio

Lugar de entrega: no colexio

 

 

PREMIO NACIONAL BOAS PRÁCTICAS EN CENTROS DOCENTES

O Ministerio de Educación e Formación Profesional concedeu ao CEIP Torre Illa o premio nacional de «Boas Prácticas en centros docentes» grazas ao proxecto  "Enredando coa pesca" levado a cabo no curso 2021-2022.

Fai clic para ler a nova do xornal:

 

 

Nas seguintes imaxes aparecen enlaces a páxinas web e blogs onde aparecen todos os traballos que se fixeron.  

 

ENREDANDO COA PESCA

Web do Proxecto Anual  do curso 2021/2022 "Enredando coa Pesca" 


 

 

 

O colexio este ano está participando nos seguintes programas de innovación educativa: 

 

 

 

                                                                                                 

AdxuntoTamaño
ED550A-G_2021_2022.pdf1.33 MB
LIBROS DE TEXTO 2023-2024.pdf369.54 KB

Powered by Drupal - Design by artinet