Benvidas e benvidos á páxina web do CEIP Torre Illa ! Aquí podedes acceder a toda a información que precisedes do noso colexio. Grazas por visitarnos !!!
|
LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO
CURSO 2022/2023
IMPORTANTE: Non mercar libros ata falar co profesorado ao inicio do curso.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO ALUMNADO BENEFICIARIO DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Publicada a resolución definitiva do alumnado beneficiario das axudas para adquirir libros de texto e material escolar, e do fondo solidario de libros de texto, para o curso 2022/2023.
A listaxe pode consultarse na porta branca da rúa Pombal co número de presentación da solicitude.
Os vales poderán recollerse na secretaría do centro ata o 22 de xullo, ou na primeira semana de setembro, entre as 9:30 e as 13:30.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO ALUMNADO USUARIO DO TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 2022/2023.
Xa está publicada a listaxe definitiva do alumnado usuario de transporte escolar para o vindeiro curso 2022/2023 na porta verde de acceso á secretaría do centro. A listaxe pode consultarse no horario habitual de apertura do centro.
PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN
Durante o curso 2021-2022 o colexio participou no Plan Proxecta Aliméntate Ben. Cada aula, ademas de recibir visitas para que o alumnado aprendese a ter unha alimentación saudable con alimentos da zona elaborou traballos realizados con esta temática.
Se picades na seguinte imaxe, accederedes a un blog onde están subidos todos estes traballos.
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2022/2023
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.
DESTINATARIOS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria ( 5º e 6º está excluído ao participar no proxecto E-Dixgal).
DESTINATARIOS AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
DESTINATARIOS DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Alumnado matriculado en Educación Primaria.
As solicitudes poden presentarse no centro presencialmente co Anexo I e o Anexo II, a través da aplicación Fondolibros, ou da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Os prazos máis salientables establecidos pola ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 son:
- Presentación de solicitudes: Ata o 22 de xuño de 2022.
- Publicación das listaxes provisionais: Antes do 11 de xullo de 2022.
- Publicación das listaxes definitivas: Antes do 22 de xullo de 2022.
SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023
Entre o 19 de maio e o 10 de xuño está aberto o prazo para solicitar o uso do transporte escolar para o vindeiro curso 2022/2023, presentando na secretaría do centro a solicitude correspondente:
USUARIO LEXÍTIMO DE TRANSPORTE (con residencia a máis de dous kilómetros do centro).
USUARIO EXCEPCIONAL (con residencia a menos de dous kilómetros do centro).
O colexio este ano está participando no programa Erasmus+. No seguinte enlace podedes acceder ao blog e ver o traballo que realizan as nosas compañeiras nas súas viaxes.