BENVIDA

 

Benvidas e benvidos á páxina web do CEIP Torre Illa !

Aquí podedes acceder a toda a información que precisedes do noso colexio.

Grazas por visitarnos !!!

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

Todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo ordinario foron admitidas de xeito definitivo. Pode consultarse a listaxe no taboleiro interno do centro.

 

Entre o 20 e o 30 de xuño deberá formalizarse a matrícula. Xunto co formulario de matrícula, que poderá recollerse na secretaría do centro, deberá aportarse a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do alumno ou da alumna (se ten e non a entregou con anterioridade). 

- Fotocopia do DNI dos proxenitores (se non se entregou con anterioridade).

- Fotocopia do libro de familia (se non se entregou con anterioridade).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria da alumna ou alumno.

-Fotocopia do libro de vacinas.

- Dúas fotos tamaño carnet.

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS CEIP TORRE ILLA

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ata o 20 de marzoAs familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación Admisiónalumnado no menú: Solicitudes > Admisión > Crear. Esta solicitude deberase presentar na secretaría do CEIP Torre Illa ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Enlace a impreso editable de solicitude de admisión.

Enlace á plataforma de admisión do alumnado.

IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada por calquera das persoas proxenitoras, titores ou acolledores do menor, e acompañada polo consentimento asinado da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora (salvo situacións de violencia de xénero).

 

Documentación que se debe achegar xunto coa Solicitude + Anexo II Bis:

 

-  Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.

-  Certificado de matrícula e/ou certificación do/s curso/s realizado/s anteriormente se se solicita un curso diferente a 4º de ed. infantil.

De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O martes 27 de febreiro de 2024, entre as 16 e as 17 horas realizaremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a oferta educativa en Educación Infantil e as instalacións do centro. Todas as persoas que o desexen poden acudir a coñecernos.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO CON POSTO RESERVADO

Todas as solicitudes de praza para o curso 2024/2025 do centro adscrito CPR Sonrisas y Lágrimas para 1º de Educación Primaria foron admitidas e treñen praza reservada. Pódese consultar a listaxe no taboleiro interior do colexio.

Entre o 20 e 30 de xuño deberase formalizar a matrícula na secretaría do CEIP Torre Illa.

 

Igualmente, todas as solicitudes de praza para o curso 2024/2025 de 6º de Educación Primaria para 1º de EducaciónSecundaria no IES Illa de Arousa presentadas en prazo foron admitidas, e treñen praza reservada. Pódese consultar a listaxe no taboleiro interior do colexio. Do 23 de xuño ao 7 de xullo deberase formalizar a matrícula no IES.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024-2025

 

Entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2024, o alumnado que pretenda continuar estudos no IES da Illa de Arousa, ou o alumnado do CPR Sonrisas y Lágrimas que queira continuar estudos neste centro, deberá presentar no centro de orixe, ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) o formulario ANEXO I .

 Os prazos máis salientables dos previstos na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) son:

 

  • Reserva de praza no centro de orixe: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
  • Prazo para renunciar á praza reservada: 28 de febreiro.
  • Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. Todo o alumnado incluido no ámbito de esta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, e alegando os criterios de admisión que pretenda que se valoren. A solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicando na casilla correspondente da nova solicitude que debe presentarse.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, no caso de baremación: 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas: Antes do 25 de abril.
  • Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 

Postos escolares ofertados para reserva de praza en 4º de  Educación Infantil (3 anos): 20

 

 

PREMIO NACIONAL BOAS PRÁCTICAS EN CENTROS DOCENTES

O Ministerio de Educación e Formación Profesional concedeu ao CEIP Torre Illa o premio nacional de «Boas Prácticas en centros docentes» grazas ao proxecto  "Enredando coa pesca" levado a cabo no curso 2021-2022.

Fai clic para ler a nova do xornal:

 

 

Nas seguintes imaxes aparecen enlaces a páxinas web e blogs onde aparecen todos os traballos que se fixeron.  

 

ENREDANDO COA PESCA

Web do Proxecto Anual  do curso 2021/2022 "Enredando coa Pesca" 


 

 

 

O colexio este ano está participando nos seguintes programas de innovación educativa: 

 

 

 

                                                                                                 

Powered by Drupal - Design by artinet